Só os cadetes acadaron unha praza en semifinais
lll
17º-23º

Só os cadetes acadaron unha praza en semifinais

Só os cadetes acadaron unha praza en semifinais
cm_19500962

Usuario

Galicia só puido clasificar a un combinado dos seis que onte disputaban cuartos de final no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) que durante estes días estase a celebrar en diferentes localidades de Cantabria. Foron os cadetes os que conseguiron que Galicia teña unha opción de medalla na competición.

Este equipo conta con tres xogadores do Balonmán Culleredo (Jorge López de León, Nuno Loxo García e Mateo Díaz Fernández), dous do Xiria de Carballo (Martín Fuentes Pombo e Julián García Cobelo) e un do OAR Coruña (Adrián Pérez del Río). Onte tiña como rival o equipo de Cantabria. A pesares de que xogaban contra o anfitrión, os cadetes galegos fixeron un bo partido, e gañaron con claridade (35-29).

Agora, Navarra
O seu rival na semifinal de hoxe será Navarra, ás 11.30 horas. Despois terá lugar o outro partido por unha praza na final (Madrid-Cataluña, 13.30).

Non tiveron a mesma sorte o resto de equipos de Galicia. O que máis preto estivo do seu obxectivo foron as xuvenís, que caeron por só dous goles (29-31) fronte a Andalucía.

Pola súa banda, os xuvenís pouco puideron facer no seu partido ante Cataluña, caendo por 34-27.

Algo parecido aconteceu cas cadetes, que tiñan como rival á Comunidade Valenciana. As albicelestes perderon por seis (25-31).

Os maís madrugadores foron os equipos infantís. O combinado masculino perdeu fronte a Andalucía por 20-28, e o feminino ante Castela-A Mancha por 14-24.

De tódolos xeitos, estas cinco seleccións galegas loitarán nos dous días que restan de competición por acabaren entre as cinco primeiras.

Só loitarán polas medallas os cadetes, que teñen a cuarta praza no peto pero que queren subir ao podio.

Só os cadetes acadaron unha praza en semifinais

Te puede interesar