Santiago acollerá a festa de fin de tempada
lll
17º-23º

Santiago acollerá a festa de fin de tempada

Santiago acollerá a festa de fin de tempada
02 octubre 2018.F..tbol ga..lico..O Keltoi Vigo - Cambados: 44-9

Usuario

A selección galega celebrará o sábado a primeira Romaría Gaélica, que tamén servirá como festa de peche de tempada na Asociación Galega de Fútbol Gaélico. 

O festexo terá lugar na Carballeira de San Lourenzo, situada no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, e será cunha dinámica moi dinámica e entretida. A celebración permitirá, ao mesmo tempo, recaudar fondos para sufragar a viaxe dos combinados galegos a Irlanda no vindeiro verán para disputar os Xogos Gaélicos Mundiais.

Premios anuais
Na Romaría entregaranse os trofeos aos equipos campións das ligas masculina e feminina, así como os premios de carácter individual (MVPs e mellores novatos). Tamén se entregarán recoñecementos ás mellores redes sociais, mellor terceiro tempo, mellor árbitro/a e tamén un premio ao xogo limpo. Haberá cantina todo o día a prezos populares, contando cunha sesión vermú en un xantar popular. 

Durante a xornada tamén se celebrará un torneo de ‘streetgaélico’ e, para rematar a festa, celebraranse varios sorteos entre os presentes que inclúen entradas para tres festivais galegos, bonos para termas e spas, camisolas doadas por equipos profesionales galegos de distintos deportes, ceas, material da selección, camisolas de equipos do gaélico galego, etc.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico anima a todo o mundo a participar nesta xornada e a colaborar coa selección galega no seu camiño aos Xogos Mundiais, onde espera facer un bon papel.

Santiago acollerá a festa de fin de tempada

Te puede interesar