Rey destaca a práctica das novas especialiades
lll
17º-23º

Rey destaca a práctica das novas especialiades

Rey destaca a práctica das novas especialiades
Deporte Campeón-2019-10-04-024-92eedc08

Usuario

A alcaldesa Inés Rey acudiu onte á inauguración dos Street Games Coruña, que tomarán esta fin de semana o paseo da Mariña-Parrote para achegarlles aos coruñeses ata seis disciplinas de deporte urbano como son o Psicoblock, Skate, Parkour, Highline, Boulder e o Slackline. 

A rexedora municipal sinalou que a cita permitirá a práctica de especialidades pouco accesibles para que os expertos contaxien e fomenten o interese no público alleo a elas. É unha forma de incentivar aos espectadores que se senten atraídos polas características de deportes que nacen no asfalto e que cada vez teñen máis adeptas e adeptos. 

Fórmulas beneficiosas
As administracións locais, engadiu, deben estar ao corrente destas novas fórmulas que, igual que outras xa coñecidas, son beneficiosas para as persoas e potencian facultades como a flexibilidade ou a psicomotricidade.

A explanada contará cun módulo estrela, un muro vertical de quince metros e sen corda, que dará cabida ao Psicoblock Master Series by Cabreiroá, no que se dará cita a elite internacional da escalada en bloque coas augas do porto deportivo coruñés como ‘rede’ en caso de caída. Os exercicios acompañaranse de luces, sons e cores con dúas rutas que permitirán que as suban dous competidores á vez.

O programa inclúe tres días de música en directo, talleres para que todos os públicos poidan iniciarse nas distintas variantes, exhibicións de profesionais e competicións ao máis alto nivel.

A Coruña xa acolleu o ano pasado os Streets Games, nunha primeira edición herculina que saldouse cun grande éxito, tanto de participación e de nivel deportivo como de asistencia de público, algo que deixou moi satisfeita á organización deste certamen.

Rey destaca a práctica das novas especialiades

Te puede interesar