Rey destaca o aumento do turismo deportivo
lll
17º-23º

Rey destaca o aumento do turismo deportivo

Rey destaca o aumento do turismo deportivo
Deporte Campeón-2019-11-15-024-6b69601b

Usuario

A alcaldesa Inés Rey presentou as Copa do Rei e da Raíña, que terán lugar en A Coruña do 19 ao 22 de marzo de 2020. A rexedora destacou que “somos unha cidade na que o stick forma parte do noso imaxinario grazas ás cores verdes e brancas desde hai máis de 40 anos” e que xa pasou un decenio desde a última Copa con “sabor atlántico”.

O ano que vén, o Pazo de Riazor será sede desta competición, na que participarán 16 equipos, oito femininos e oito masculinos, unha circunstancia –a de xuntar homes e mulleres–  que se dará por segunda vez e que “como alcaldesa faime sentir unha dobre satisfacción”.

Rey agarda que o evento atraia o público da casa e tamén a persoas afeccionadas de fóra, “nesa intención de fomentar o turismo deportivo. Falamos de preto de 10.000 persoas que poboarán as bancadas do pavillón, das que 1.500 quedarán a pasar a noite na cidade, así que gañaremos todos: o Liceo, a Copa; a cidade, toda esta cantidade de visitantes; e tamén o hóckey, que necesita de apoios”. Engadiu que o sector hostaleiro verase igualmente beneficiado dunha actividade que se calcula que xerará 550.000 euros de ingresos neses catro días de competición.

Pola súa banda, o presidente do Deportivo Liceo, Emilio Fernández, agradeceu a presenza no acto dos fundadores, pasado e presente dun club que desde a directiva non contemplou presentar a súa candidatura tan cedo, pero que finalmente se decidiu a facelo “polo apoio institucional e de patrocinadores e por toda a ilusión que se está creando”.

O directivo engadiu que os afeccionados merecían unha competición de primeiro nivel, “cos mellores equipos do mundo xogando por gañar un título”. Fernández deulle as grazas tamén á FEP por entender o importante que era albergar a cita na cidade.

Rey destaca o aumento do turismo deportivo

Te puede interesar