Ramallete de campións
lll
17º-23º

Ramallete de campións

Ramallete de campións
GRAF6885. SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10/01/2019.- El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (d), durante su intervención en la recepción que ha mantenido esta tarde en la Ciudad de la Cultura en Santiago co

Usuario

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou os valores dos 195 medallistas galegos como inspiración para os deportistas máis novos. “Estamos a falar de 353 medallas internacionais, 126 delas de ouro; e de 353 veces nas cales toda Galicia compartiu o orgullo de conseguir todas esas vitorias e de ser os mellores en medio cento de especialidades deportivas”, dixo.

Durante o acto de recepción aos campións en competicións internacionais nos anos 2017 e 2018, Feijóo aseverou que para seguir sumando vitorias, os deportistas contarán co apoio da Xunta, destacando as 200 axudas xa resoltas para deportistas galegos de alto nivel. En total, preto de 350.000 euros que se suman ao resto do orzamento que se pon á disposición do deporte galego.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta enxalzou o esforzo, a capacidade de superación e os éxitos acadados por todos eles, froito tamén do traballo e a vocación dos técnicos, dos adestradores, dos clubs, das federacións e familias que os apoian.

Ramallete de campións

Te puede interesar