Quinta edición con homenaxe
lll
17º-23º

Quinta edición con homenaxe

Quinta edición con homenaxe
04 julio 2016 / 02 julio 2017 Atletismo IX Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma

Usuario

Para poder participar, o Concello da Coruña mantén aberto o prazo de inscrición até o mércores 27 de xuño, ás 24.00 horas, a través de www.coruna.gal/carreiraspopulares. 
Como novidade, poderase tamén formalizar a inscrición de xeito presencial, até o día 23 de xuño, no departamento de deportes de El Corte Inglés, tanto no espazo situado en Catro Camiños como no centro comercial Marineda City.
A carreira absoluta comezará contra ás 10.30 horas. As e os participantes percorrerán un circuíto de 6.725 metros, aproximadamente, que sairá do aparcadoiro do Parque Adolfo Suárez, no lateral de Padre Rubinos –para render homenaxe á entidade–, e que contará cunha meta situada no cruzamento das rúas San Pedro de Visma con Aguillón. 
Durante a proba, as e os atletas transitarán pola ronda de Outeiro, estrada dos Fortes e parque de Bens. A partires das 11.35 horas –o peche da absoluta será ás 11.25 horas– terán lugar as probas das categorías inferiores (xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín), cuxa saída e meta situarase tamén na rúa San Pedro de Visma. Ás 13.00, terá lugar a entrega de premios
Os dorsais poderanse recoller no centro cívico San Pedro de Visma. Como é habitual no Coruña Corre, poderanse recoller ao longo da xornada anterior (o sábado 30, entre as 11.00 e as20.30 horas) e o propio día da celebración, até unha hora antes do inicio de cada carreira. 
O servizo de gardarroupa tamén estará dispoñible no centro cívico, entre as 09.30 e as 13.00 horas, mentres que o servizo de duchas, habilitado de 11.00 a 14.00 horas, situarase nos novos campos de fútbol municipais.

Quinta edición con homenaxe

Te puede interesar