Unha proba consolidada no calendario da RFEA
lll
17º-23º

Unha proba consolidada no calendario da RFEA

Unha proba consolidada no calendario da RFEA
Deporte Campeón-2019-02-08-024-c93ce06e

Usuario

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a XI edición do Medio Maratón Coruña21, que se celebrará o domingo 17 de febreiro. 

A proba, que forma parte do circuíto oficial de competición da Real Federación Española de Atletismo (RFEA), comezará ás 10.00 horas no Cantón Grande, espazo no que se situará tamén a meta. 


“A nova edición dá mostra da consolidación da Coruña como unha cidade deportiva, saudable e en boa forma”, salientou o edil, quen sinalou que, a día de hoxe, Coruña21 conta con 2.000 persoas inscritas.
Entre os atletas de élite que xa confirmaron a súa presenza  están o marroquí Hassam Oubaddi, recente vencedor do Medio Maratón de Sevilla, e a etíope Chaltu Negesse Chawo, gañadora do Maratón de San Sebastián 2018. 


“Agardamos tamén contar con dos atletas galegos recoñecidos nesta distancia, como son Paula Mayobre e Alejandro Fernández”, apuntou Madó González, directora técnica da Federación Galega de Atletismo (FGA).

Coruña21 conta cunha distancia homologada pola RFEA de 21.097,50 metros, nun circuíto de dúas voltas “moi rápido e chairo, polo que favorece boas marcas”, segundo explicou a González. 

Logo do peche do período ordinario o pasado día 3, Coruña21 manterá aberto até este domingo o prazo extraordinario de inscrición a través dde www.carreirasgalegas.com. Neste caso a cota increméntase até os 25 euros.

Na Coruña21 poderán correr persoas maiores de 18 anos, cuxa participación establecerase en función das setes categorías de idade, ademais da categoría para atletas con diversidade. Os participantes poderán recoller os seus dorsais no departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda City.

Unha proba consolidada no calendario da RFEA

Te puede interesar