Pedro Nimo e Luis Feiteira estarán na liña de saída
lll
17º-23º

Pedro Nimo e Luis Feiteira estarán na liña de saída

Pedro Nimo e Luis Feiteira estarán na liña de saída
O portuxés Luis Feiteira foi olímpico en Atlanta 1996 e participou nos Campionatos do Mundo de 2001, 2007 y 2009

Usuario

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento avanza na preparación da Maratón Atlántica Coruña42, que se celebrará o 15 de abril.

A área que dirixe José Manuel Sande vén de dar a coñecer o nome dos atletas máis recoñecidos que participarán na proba, e que inclúe, entre outros, ao santiagués Pedro Nimo ou ao olímpico portuxés Luis Feiteira. Tamén correrán Mónica Granero –gañadora o pasado ano– e María Rosario Figueroa, a primeira en cruzar a meta en 2016.

Deste xeito, a cita reunirá a grandes nomes da distancia, aos que se suman os ecuatorianos Manuel Gustavo Cañar, Ángel Gerardo Chasi e Marco Antonio Erazo, todos eles con marca por debaixo de 2h 21.
A proba, como vén sendo habitual, coincidirá coa celebración do Campionato de Galicia Absoluto de Veteranos e Clubes, que conta con 200 persoas inscritas.

Até o domingo
O prazo de inscrición estará aberto até este domingo en www.carreirasgalegas.com, nun período extraordinario no que a cota final é de 40 euros no caso da Coruña42. Neste segundo treito de inscricións, tamén é posible formalizar a participación na proba popular 10K, de un perfil máis amador que o da maratón e no que xa hai inscritas máis de 1.315 persoas. Para a carreira de 10 quilómetros a contía que se deberá aboar será de 15 euros.

Entre as novidades está a da inclusión de lebres na Maratón, unha proposta demandada polos participantes, que contarán con axuda de expertos atletas para acadar as marcas que precisan.


Ademais, o Concello está a preparar unha programación especia. Pedro Nimo participará o sábado 14 nun coloquio aberto á cidadanía no que se abordará a preparación necesaria para unha maratón.

Pedro Nimo e Luis Feiteira estarán na liña de saída

Te puede interesar