O 7 de xullo, espectáculo
lll
17º-23º

O 7 de xullo, espectáculo

O 7 de xullo, espectáculo
Non faltaron a este acto lendas deste deporte coma Miguel Indurain e Perico Delgado | dc

Usuario

A Deputación da Coruña presentou en Fitur a edición 2019 do Gran Fondo Ézaro. Todo un espectáculo turístico e deportivo que este verán espera reunir de novo a máis de 1.500 participantes e que percorerrá cinco concellos da Costa da Morte para rematar no mirador do Ézaro, un enclave singular e un dos principais atractivos turísticos da zona.


Ademáis da delegación da Deputación da Coruña, encabezada polo deputado da área de Turismo, Xosé Regueira e o deputado e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, ao acto, presentado polo xornalista de TVG Terio Carrera, asitiron históricos do ciclismo español coma Miguel Indurain, Perico Delgado e Fernando Escartín; o director de La Vuelta, Javier Guillén e o presidente da Real Federación Española de Ciclismo, José Luis López Cerrón, que avalaron coa súa presenza o evento máis importante do ciclismo galego.


Entre o numeroso público asistente houbo ademáis moitos alcaldes e alcaldesas da provincia que non quixeron perder esta cita no pavillón de Galicia para seguir unha presentación que contou tamén coa participación de caras coñecidas coma as dos actores Xosé A. Touriñán, Federico Pérez e David Amor, que deron a nota de humor ao evento.


Ante unha gran pantallas que proxectaba espectaculares imaxes da Costa da Morte, Xosé Regueira destacou a importancia de que a provincia da Coruña se dea a coñecer a través do deporte. 


“Ofrecemos un destino sustentable, cunha oferta ampla e diversa a nivel turístico, patrimonial e paisaxístico, que queremos que a xente coñeza a fondo”, apuntou o deputado responsable da área de Turismo.

As orixes
José Manuel Pequeño referiuse ás orixes do Gran Fondo Ézaro, que se remonta a 2012, cando a Volta Ciclista a España da a coñecer a nivel nacional o gran potencial do enclave. Desde entón, celébrase todos os anos a principios de xullo para reforzar a tempada alta.


Tanto Miguel Indurain coma Perico Delgado, dúas lendas do ciclismo español, destacaron a fulgurante traxectoria do evento, o reto deportivo que supón para os ciclistas e o gran atractivo que ten a Costa da Morte para os visitantes. O Gran Fondo Ézaro, única proba de España pertencente ao grupo internacional das UCI Gran Fondo World Series, é un evento deportivo que combina ciclismo e turismo.


Este ano, a proba terá lugar o domingo 7 de xullo e a contará cunha ampla presenza internacional, que prevé superar á da pasada edición na que participaron ciclistas de oito países. Partirá da zona fervenza do Ézaro e rematará no espectacular mirador, tras un duro ascenso de 1,8 quilómetros cunha pendente do 30% que supón todo un reto para os ciclistas. 


O itinerario, de máis de 140 quilómetros, atravesará numerosos puntos dos municipios de Cee, Muxía, Muros e Carnota, o que o convirte nun acontecemento de dimensión comarcal que reúne cada ano a miles de afeccionados á bicicleta e que reúne a destacados invitados que cada ano se suman ao pelotón coma Miguel Indurain, Álvaro Pino, Caludio Chiapucci, Álex Zülle ou Tony Rominger.

Outros coñecidos deportistas coma Iván Raña ou Javier Gómez Noya tamén participaron da experiencia de participar no Gran Fondo Ézaro.

O 7 de xullo, espectáculo

Te puede interesar