Matogrande, capítulo tres
lll
17º-23º

Matogrande, capítulo tres

Matogrande, capítulo tres
Será a primeira carreira na cidade en 2019 | aec

Usuario

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abriu o prazo de inscrición para participar na IV Carreira Popular de Matogrande, que se celebrará o domingo 13 de xaneiro. 


A terceira proba do Circuíto Coruña Corre da tempada abrirá o calendario competitivo municipal do ano 2019, que terá continuidade no mes de febreiro ca XI Media Maratón Coruña21. 

 


A proba, no caso da categoría absoluta, comezará ás 10.30 horas na rúa Sebastián Martínez Risco, lugar no que tamén se situará a meta. As e os atletas percorrerán un trazado de 6.625 metros tanto polo barrio de Matogrande como polo Campus de Elviña. 
O seu peche será ás 11.30 horas e, de seguido, comezarán as probas das categorías de menores (desde a sub18 ata prebenxamín). 

Entrega de premios

Contra as 13.00 horas, terá lugar a entrega de premios nun palco situado xunto á meta. Durante toda a mañá o Colexio Liceo La Paz, situado na rúa Sebastián Martínez Risco, contará con servizo de duchas e de gardarroupa.


A inscrición na IV Carreira Popular de Matogrande estará aberta até o 9 de xaneiro, ás 23.30 horas, a través do web www.coruna.gal/carreiraspopulares. De xeito presencial poderase facer na oficina de Viaxes de El Corte Inglés en avenida de Rubine, 3-5, en horario de 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00. 


A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento lembra que é obrigatorio realizar a inscrición na carreira para que esta conte no cómputo total da ou do atleta nesta tempada de Coruña Corre. As persoas que non formen parte do circuíto, a súa cota de inscrición será de 2 euros (agás para as e os menores de idade, que é gratuíta) mentres que, para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove, será de 1 euro. 


Os dorsais poderanse recoller no Liceo La Paz o sábado 12 de xaneiro, de 11.00 a 20.30 horas, así como o domingo 13 ata unha hora antes do inicio de cada carreira.


O Concello lembra que, até o mes de marzo, se mantén aberto o prazo de inscrición no Circuíto Coruña Corre, que este ano se prolongará até o mes de decembro de 2019. 


O prezo da cota é de 10 euros para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para as e os menores de idade, e de 7 euros para o colectivo con bonificación (persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove).


Por outra banda, o Concello lembra que desde o pasado mes de novembro está aberto o prazo de inscrición tanto para participar no XI Medio Maratón Coruña21, que terá lugar o 17 de febreiro, como na VIII Maratón Atlántica C42 e a proba popular 10K, que se celebrarán o 14 de abril e en outubro respectivamente. 


A primeira das carreiras mantén até o 3 de febreiro aberto o seu prazo ordinario de inscrición a través do web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com. 


Toda a información sobre estas probas así como outras carreiras promovidas polo Concello da Coruña pódese consultar no web www.coruna.gal/carreiraspopulares 

Matogrande, capítulo tres

Te puede interesar