Más de 4.000 corredores saltarán o domingo ao asfalto
lll
17º-23º

Más de 4.000 corredores saltarán o domingo ao asfalto

Más de 4.000 corredores saltarán o domingo ao asfalto
Deporte Campeón-2018-10-02-023-30f3e9d9

Usuario

“Coruña10 é unha das citas destacadas da tempada nun ano moi relevante para a cidade a nivel deportivo”, destacou Sande. “A Coruña é un cúmulo de constante actividade e demostra, coa celebración da C10, C21, C42, o Coruña Corre, o Gran Premio de Marcha dos Cantóns, ou mesmo as numerosas probas de carácter solidario que apoia o Concello, que é o epicentro das carreiras urbanas en Galicia”, apuntou.

Circuíto homologado
A carreira absoluta de Coruña10 partirá ás 10.00 horas do Paseo da Habana. O circuíto, de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), discorre sobre o asfalto na súa totalidade, e percorrerá o Paseo de Ronda, Manuel Murguía, San Roque de Fórae a avenida Gerardo Porto até o Millennium, onde o grupo dará a volta para continuar cara ás avenidas Buenos Aires e Pedro Barrié de la Maza, a través das cales avanzarán até chegar á rotonda situada ao pé da Torre de Hércules. Neste punto, as e os participantes regresarán sobre o Paseo Marítimo para chegar á meta, situada á altura do Pazo de Riazor. 
Nesta proba, na que tamén participarán atletas en cadeiras de rodas homologadas por IPC Athletics, destaca a participación de figuras como Paula Mayobre, Esther Navarrete ou Joselyn Brea, ademais de Alejandro Fernández Rivera ou Lolo Penas, gañadores de anteriores edicións.
De seguido terán lugar as probas menores, que comezarán ás 11.30 e se desenvolverán até ás 13.00 horas aproximadamente. Ao finalizar, terá lugar a entrega de premios.

Más de 4.000 corredores saltarán o domingo ao asfalto

Te puede interesar