Mala xornada para os representantes coruñeses
lll
17º-23º

Mala xornada para os representantes coruñeses

Mala xornada para os representantes coruñeses
As herculinas seguen sendo un equipo moi sólidos, como en temporadas anteriores | AEC

Usuario

Mala xornada para os Fillos de Breogán e os Ártabros, que regresan con tres derrotas nos catro enfrontamentos lonxe da casa, fronte a Herdeiros de Dhais e Auriense. Só as Fillas gañaron.

O partido das rapazas de Dani Vaamonde foi segundo o previsto: contundencia en ataque e seriedade defensiva, as armas que están facendo das Fillas de Breogán un equipo hexemónico no gaélico galego. O marcador en Lalín, terceiras na clasificación até o pasado sábado, amosou a rotundidade acostumada: Herdeiras de Dhais 2-10 (16)-Fillas de Breogán 11-20 (53).

Con esta vitoria, son xa cinco as que suman esta campaña, cunha diferenza de goles de 193 e dálles unha media de máis de 50 puntos por partido.

Os Fillos, en cambio, non souberon ler o partido ante uns sempre organizados Herdeiros de Dhais. A pesar de porse axiña no marcador por diante, por 5-1, o once breoganeiro non soubo darlle a calma necesaria a un partido que requiría de xogo de man e decisións correctas no pase.

Os Herdeiros souberon desfacerse duns malos primeiros lances para dominaren todas as facetas do partido na primeira parte. Uns Fillos presionados e estáticos no saque non souberon saír co balón e as ganas dos lalilenses fixeron o resto: ao descanso, o 20-7 do marcador semellaba unha distancia abonda.Na segunda parte, algúns cambios tácticos serviron para parar a sangría de puntos en contra e ordenar o equipo. Con todo, non foi suficiente para conseguir a remontada e quedar a oito puntos, 5-13 (28) vs 2-14 (20).

Esta derrota supón un duro golpe para os breoganeiros que non poden permitirse ningún erro máis até o final de temporada se desexan ter aspiracións ao título final.

Igual de difícil foi a xornada dos Ártabros en Ourense nun partido no que, dende o primeiro momento, se viron sobrepasados por un rival moito máis enchufado, máis rápido e coas ideas claras. No resultado final, Auriense FG 10-12 (42)-Ártabros 1-6 (09), influíu a merma de efectivos dos corvos, sen cambios e sen 8 dos xogadores titulares. Pola súa banda, ás Ártabras fixéronlles fronte ás xogadoras de Auriense nun partido que no que non perderon a cara: Auriense 2-13 (19)-Ártabras 2-02 (8).

Mala xornada para os representantes coruñeses

Te puede interesar