Máis de dous millóns para os clubs da provincia
lll
17º-23º

Máis de dous millóns para os clubs da provincia

Máis de dous millóns para os clubs da provincia
24 agosto 2016 / 25 marzo 2017 ciclismo vuelta a españa betanzos vibró con la salida de la cuarta etapa de la clásica española el presindete de la diputación, valentín gonzález formoso vivio con intensidad el paso de esta prestigiosa copetición

Usuario

Ata o vindeiro 25 de abril está aberto o prazo para que clubs e entidades deportivas da provincia soliciten as subvencións que a área de Deportes da Deputación da Coruña convoca anualmente.

As axudas contan cun orzamento total de 2,3 millóns de euros, e teñen como obxectivo a promoción da actividade deportiva en todos os seus ámbitos, dende o fomento do deporte base ao apoio a grandes eventos, segundo explicou o deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, José García Liñares.

Os dous programas con maior dotación económica son os destinados aos clubs deportivos coruñeses sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito local, provincial ou autonómico (655.000 euros) ou nacional e internacional (550.000 euros).

No caso dos clubs que compiten a nivel local, provincial e autonómico as axudas oscilarán entre os 1.000 e os 60.000 euros que se poderán destinar a cuestións como a adquisición de material deportivo non inventariable, gastos de transporte e desprazamentos, seguros, soldos e salarios do persoal deportivo, cotas a federacións ou gastos de participación en competicións oficiais. Para os clubs federados que compiten a nivel nacional ou internacional estas axudas poden chegar ata os 75.000 euros.

A Deputación convoca tamén un programa de axudas dotado cun orzamento de 400.000 euros e destinado ás entidades deportivas da provincia para mellorar as súas infraestruturas e equipamento durante o ano 2017. As entidades poderán solicitar así subvencións da institución provincial para reformas nas instalacións de uso deportivo, para a adquisición de maquinaria, equipos informáticos ou medios de transporte, entre outras. Nesta liña, as achegas da Deputación oscilarán entre os 600 e os 40.000 euros.

A área de Deportes reserva tamén 395.000 euros para unha liña de subvencións destinada a apoiar ás entidades sen ánimo de lucro da provincia na organización e desenvolvemento de grandes eventos deportivos.

A derradeira liña é para entidades que realiecn campañas que promovan a actividade física, do deporte afeccionado ou popular, a ocupación activa do tempo de lecer, ou a promoción social da práctica e os valores deportivos. Esta liña está dotada con 300.000 euros.

Máis de dous millóns para os clubs da provincia

Te puede interesar