Máis de 600.000 euros para a provincia coruñesa
lll
17º-23º

Máis de 600.000 euros para a provincia coruñesa

Máis de 600.000 euros para a provincia coruñesa
Deporte Campeón-2019-03-01-025-352bbdb2

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou onte os concellos coruñeses de Padrón, Boiro e Ordes para visitar algunhas das infraestruturas que serán obxecto de reforma ao longo deste 2019. En total, a provincia da Coruña verase beneficiada por obras que alcanzarán os 626.000 euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros.

No caso da vila padronesa, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo alcalde, Antonio Fernández, visitou a piscina municipal que neste 2019 será reformada a través de actuacións que mellorarán as instalacións por un importe total de 69.803 euros achegados integramente pola Secretaría Xeral para o Deporte.

En Boiro, o secretario xeral foi recibido polo alcalde, Juan José Dieste, para anunciar a reforma e mellora do ximnasio da piscina municipal que terá un investimento de 60.000 euros da Xunta de Galicia para un custo total de 81.000 euros. Lete Lasa destacou que esta ampliación do ximnasio tanto na súa cara norte como na sur, contará con material de última xeración para acadar un ximnasio “moderno e adaptado” e responderá ás necesidades do concello. O convenio asinarase nas vindeiras datas e as obras terán unha duración aproximada de seis semanas.

Por último, o responsable autonómico de Deporte, acompañado polo alcalde José Luis Martínez visitou o complexo de Vista Alegre, en Ordes. O secretario xeral anunciou que se executará unha gaiola de lanzamentos e ademais, comprometeuse a levar a cabo unha zona de lanzamento de xavelina composta por pasillo, arco e sector de caída.

Máis de 600.000 euros para a provincia coruñesa

Te puede interesar