Máis de 400.000 euros para 25 equipos coruñeses
lll
17º-23º

Máis de 400.000 euros para 25 equipos coruñeses

Máis de 400.000 euros  para 25 equipos coruñeses
14 abril 2019 Hockey Patines Ok Liga Liceo - Igualada 7-2

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e mais polo director territorial da Coruña de Abanca, Gerardo Fuertes Ayerdi, participou na sinatura dos convenios de patrocinio dos equipos de alta competición da cidade da Coruña. 

A resolución do Plan ascende neste ano ata os 3.332.219 euros, un 37% con respecto a 2018 cando se outorgaron 2.420.000 euros. Este importe total está confinanciado entre a Xunta de Galicia e Abanca. 


No acto, o secretario xeral destacou  o aumento nun 79% dos equipos patrocinados na cidade herculina polo plan cun total de 25 equipos patrocinados: 15 masculinos e 10 femininos, cando en 2018 patrocináronse 14 (7 masculinos, 6 femininos e 1 mixto).

Un 91% máis 
Deste xeito, o importe que reciben os equipos coruñeses ascende aos 408.463,53 euros, medra un 91% respecto ao consignado en 2018 (216.537,82). Cómpre salientar que tanto o número de equipos masculinos como o número de equipos femininos, duplícanse. Ademais, medra o número de equipos patrocinados nun 16% ata chegar aos 22 cando eran 19 en 2018 e medra o número de equipos femininos patrocinados nun 37,5%, sendo o ano pasado 8 e este ano 11.


Os equipos patrocinados son o Druídas Béisbol Club, Basquet Coruña, Maristas Coruña, Club Boxeo Kick Boxing Coruña, Club Ciclista Riazor, Zalaeta 100Tolos Feminino, Zalaeta 100Tolos Masculina, Club Esgrima Coruña, Victoria CF, Ural Club de Fútbol, Club Halterofilia Coruña Feminino (División Honra), Club Halterofilia Coruña Masculino (División Honra), Club Halterofilia Coruña Feminino (1ª División), Club Halterofilia Coruña Masculino (1ª División), Club de Mar San Amaro Feminino e Masculino (natación), Club Natación Liceo Feminino e Masculino, HC Liceo Feminino, Masculino de OK Liga e Masculino de OK Liga Prata e CRAT feminino e masculino.
Lete Lasa agradeceu o “esforzo e a aposta decidida polo deporte galego” que fai a Abanca e que posibilita “todos estes datos que serían inalcanzables doutro xeito”. 
En total vense beneficiados 191 equipos en toda Galicia, un 12% máis que en 2018 (171) e un 115% máis respecto ao primeiro ano do Plan, na tempada 2008/2009 que contou con 89 equipos patrocinados. Destes 191 equipos, 100 son masculinos, 85 femininos e 6 mixtos. Desde que o Plan botou a andar consignáronse preto de 24 millóns de euros.

Máis de 400.000 euros para 25 equipos coruñeses

Te puede interesar