Máis de 1.800 inscritos na Media Maratón
lll
17º-23º

Máis de 1.800 inscritos na Media Maratón

Máis de 1.800 inscritos na Media Maratón
18 febrero 2018 atletismo el concejal de cultura, josé manuel sande presentó la novena edición de media maratón coruña21

Usuario

O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou este venres a novena edición da media maratón Coruña21, promovida polo Servizo Municipal de Deporte que terá lugar o día 26, domingo, e que conta xa con 1.809 persoas inscritas.

Da proba, o edil destacou o seu carácter "saudable, lúdico e integrador, máis alá da visión competitiva das carreiras", así como o seu arraigo, tanto na vertente máis profesional como das convocatorias máis populares, e igualmente a súa vocación integradora, ­a carreira contará coa participación de seis atletas con cadeira de rodas ou handbike­, "na que levamos tempo traballando e que dalgún xeito a define".

A media maratón municipal presenta un circuíto de dúas voltas, nas que as e os atletas percorrerán os 21.097,50 metros dun trazado homologado pola Real Federación Española de Atletismo. A saída, no Obelisco, terá lugar ás 10.00 horas. As persoas participantes distribuiranse en cinco caixóns distintos, segundo os seus respectivos tempos nos 10 e 21 quilómetros.

Os participantes partirán do Cantón Grande cara a Linares Rivas, e pasarán pola praza da Palloza, avenida do Exército, estrada do Porto e a rotonda de Oza, onde darán a volta até a rotonda das Ánimas. Unha vez cheguen alí, darán a volta até o Obelisco para iniciar a segunda parte da proba, na que farán o mesmo percorrido pero que variarán ao chegar á rotonda das Ánimas, na que continuarán até o Paseo Marítimo-Pelamios e, posteriormente, encararán os últimos tres quilómetros até chegar á meta, no Cantón Grande. O peche da carreira será ás 12.30 horas.

Este ano establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo quilómetro dez ­no segundo paso por Linares Rivas, á altura da rúa Menéndez Pelayo­, polo que, pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, así como á distancia total, as persoas participantes que sigan en carreira deberán retirarse do circuíto oficial de competición.

Na Media Maratón Coruña21 poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos, e estableceranse as seguintes categorías: Junior (1998-1999), Promesa (1995, 1996 e 1997), Senior (desde 1994) e até sete modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento (desde 35 anos cumpridos no día da proba en diante), ademais da categoría de atletas en cadeira de rodas, na que poderán participar persoas nacidas desde o ano 1998 en diante.

As persoas que desexen inscribirse poderán facelo até ás 23.59 horas de este domingo, en www.carreirasgalegas.com. A cota de inscrición, ao realizarse no prazo extraordinario habilitado pola organización, será de 25 euros.

Máis de 1.800 inscritos na Media Maratón

Te puede interesar