Lete Lasa destaca aos máis de 1.600 atletas do certamen
lll
17º-23º

Lete Lasa destaca aos máis de 1.600 atletas do certamen

Lete Lasa destaca aos máis de 1.600 atletas do certamen
José Ramón Lete Lasa estivo acompañado, entroutros, polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos | aec

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou onte na Expourense, o XXX Campionato Master indoor, que se celebrará na pista de Ourense nos días 8, 9 e 10 de marzo. 


O responsable do Deporte galego destacou a importancia dos atletas máis experimentados que xunto co deporte base e a alta competición representan as tres idades da actividade física.

“Deportistas que xa non están na súa plenitude física, pero que seguen a ser exemplo e modelo a seguir para os máis novos por representar valores tan importantes como constancia, traballo, esforzo, sacrificio ou superación”, engadiu o dirixente.

De noventa anos
Lete Lasa fixo referencia ao deportista de maior idade que participará no campionato, Antonio Marqués Blanco, que mañán cumprirá 90 anos, así como ao galego más veterán, que é Antonio Cabana Orosa que tres días despois cumprirá 81. Eles representan, dixo o secretario xereal para o Deporte, “o que todos e todas queremos chegar a ser, persoas cheas de enerxía que conta cunha saúde de ferro despois de tantas décadas de vida”.


Ao fío desta idea, o mandatario galego destacou a importancia de dous programas da Secretaría Xeral para o Deporte como son o Plan Galicia Saudable, que fai fronte ao aumento de mortes, enfermidades e discapacidades provocadas polo sedentarismo e a práctica insuficiente de actividade física, así como o Programa Xogade que xunta toda a oferta lúdica e deportiva en idade escolar promovida pola Xunta de Galicia.


O titular de Deporte Galego enumerou algúns datos xerais como os 1.673 atletas inscritos na competición. Do total, o 33% son mulleres (546) e o restante 67%, homes (1.127). Galicia é a segunda comunidade, tras Madrid, que achega á competición maior número de atletas (303) dos que o 40% son mulleres (119) e o restante 60%, homes (184). Algo similar, dixo o secretario xeral, ocorre coas licenzas coas que conta a Federación Galega de Atletismo, “das 7.291 licenzas, 3.060 (42%) corresponden a mulleres e 4.231 (58%) a homes”. 

Lembranza histórica
Na semana da muller, Lete Lasa fixo un chamamento a todas as deportistas para que se animen a practicar o deporte de competición e que acheguemos cada vez máis as cifras de deporte feminino ás de deporte masculino. Neste sentido lembrou a historia de Kathrine Switzer, a primeira muller que correu o maratón de Boston en 1967 cando estaba destinada exclusivamente aos homes. “Grazas á valentía de Kathrine, hoxe podemos celebrar grandes xestas como a de Ana Peleteiro, que vén de proclamarse campioa de Europa indoor acadando a mellor marca española de todos os tempos”, sentenciou.


Por último, Lete agradeceu a todas as administracións e á Federación o seu traballo por facer posible que “unha das tres mellores pistas de atletismo cuberta que ten España se encha con contido deportivo que estea á altura da súa calidade”. Deste xeito destacou a compatibilidade de usos e a versatilidade das infraestruturas deportivas de Galicia.

Lete Lasa destaca aos máis de 1.600 atletas do certamen

Te puede interesar