domingo 29.03.2020

A iniciativa ‘En Liña’ xa está en funcionamento

Unha muller realiza exercicio na terraza durante o confinamento | EFE
Unha muller realiza exercicio na terraza durante o confinamento | EFE

A Concellería de Deportes anuncia que arrincou unha iniciativa para fomentar na veciñanza a práctica do deporte na casa neste período de confinamento. Os veciños e veciñas poden acceder dende xa a un programa de vídeos curtos ‘En liña’ para realizar exercicios e combater o sedentarismo.

Os vídeos están feitos polos monitores/as das escolas municipais. A idea é ir colgando no espazo de Deportes na web municipal distintos vídeos que vaian alimentando unha biblioteca permanente que vaia ampliándose paulatinamente para distintas idades e condicións.

Comentarios