Gran actuación da selección galega júnior en Córdoba
lll
17º-23º

Gran actuación da selección galega júnior en Córdoba

Gran actuación da selección galega júnior en Córdoba
Os medallistas galegos posan cos metais na cita disputada en Córdoba | fgt

Usuario

Magníficos resultados da selección galega júnior no Open Internacional de Andalucía, que se disputou onte en Córdoba. En total as e os nosos deportistas acadaron catro ouros, dúas pratas e un bronce.

Fernando Davila (-48) subiu ao máis alto do podio tras gañar con moita superioridade tres combates. En cuartos venceu a Erick Valverde (52-27); en semifinais a Pablo Luque (34-12) e na final á Angel García (32-12).

Adrián Salanova (-73) tivo que realizar catro combates e tamén venceu de forma clara. En primeira rolda superou a Valentín José Barranco (18-25); nos cuartos eliminou a Aurelio Núñez (17-6); na semifinal gañou a Oier Ortiz (5-11) e rematou coa final fronte a Adam Jochman (25-34).
O terceiro ouro masculino foi para Sergio Troitiño (+73), que superou na semifinal a Enrique Durán por 18-11. Na final, o seu contrincante Pau Llabres retioruse por lesión.

Na categoría feminina o ouro foi para Irene Montemuiño (-68), que venceu na semifinal a Yasmina Deniz por 4-10 e na final logrou a primeira posición nun axustado combate ante Irene Montero, que se decidiu pola mínima (11-12).

Ademais, Lucía Montemuiño (-49) logrou a medalla de prata. Superou nos cuartos a Claudia Gómez (3-14) e na semifinal a Daniela Peña (20-11). Na final non puido facer nada ante Elsa Hernández (20-0).

Yadira Reimúndez (-55) tamén conseguiu a prata, tras vencer na semifinal nun axustado combate (11-9) a Aitana Romero. Na final, caeu ante Laura Rodríguez por 4-8. A última medalla foi para Aitana Fariña (-44, Maniotas), que logrou o bronce, ao perder na semifinal ante Ainara Rojas.

Ademais, tamén participaron Samuel Meilán (-55), Lois Tomás (-63) e Fátima Martínez (-63, Couto).

Gran actuación da selección galega júnior en Córdoba

Te puede interesar