Galicia acode con todo
lll
17º-23º

Galicia acode con todo

Galicia acode con todo
O coruñés Dani López, na pasada edición disputada en Pontevedra | luz iglesias

Usuario

Tras dous anos exercendo como anfitrioa en Pontevedra, a selección galega disputará o Campionato de España de Ciclocrós 2021 dende hoxe ata o domingo en Torrelavega. O combinado autonómico desprázase ata terras cántabras cun numeroso e potente bloque formado por 34 ciclistas. O seu obxectivo será dar continuidade aos excelentes resultados asinados nas últimas edicións deste evento.

O listón está moi alto para a selección dirixida por Guillermo Sande despois de acadar once medallas hai un ano no circuíto da Illa das Esculturas. As condicións nesta ocasión serán distintas por mor da pandemia. En Torrelavega non haberá público e a programación das carreiras tamén se adapta ás esixencias sanitarias, con tres días de probas individuais en vez de dous como viña sendo o habitual.

A delegación galega puxo onte rumbo a Cantabria, na véspera de que arranquen as competicións. A selección conta con varias bazas na primeira xornada para conseguir títulos e postos de podio. O campionato comeza hoxe ás 14.00 horas coa categoría cadete masculina na que defenderán as cores de Galicia cinco corredores: André Martínez e Martín Sestelo (Avanza-O Porriño), Danny Buba (Coruxo), Héctor García (Poio Bike) e Tomás Pombo (Cambre).

A continuación, ás 15.00 horas, chegará a quenda de dúas probas femininas. O sexteto de Galicia na carreira cadete formarano María Filgueiras (Caimanes Betanzos), flamante vencedora da Copa de España, Claudia Pérez (Corbelo), Vania Gregores (Ponteareas) e Uxía Soto, Marta Estévez e Aroa Otero (Avanza-O Porriño).

A programación do primeiro día en Torrelavega, localidade que acolleu este evento por última vez no 2016, encargaranse de pechala (16.00 horas) os júniors, entre eles seis corredores do combinado autonómico: Miguel Rodríguez (Ponteareas), Ricardo Buba (Vigo-Rías Baixas), Anxo Carril (Coruxo), Zoe del Río (XSM), Martín González (Maceda) e Fabián Rodríguez (Caimanes Betanzos).

Prato forte
O campionato clausurarase o domingo e como aperitivo ás dúas carreiras raíñas disputarase a sub-23 masculina co alaricano Iván Feijoo defendendo a súa coroa estatal vestindo o maillot do equipo Nesta. O ourensán compartirá grella de saída cos ciclistas da selección galega David Fernández (Avanza-O Porriño), Ángel Maneiro (Vigo-Rías Baixas) e Borja Gómez (Ponteareas). 

As seguintes en entrar en escena serán as elite-sub23 e as juniors con catro corredoras do combinado de Galicia: a sub23 Carla Fernández (Farto) e as juniors Laura Mira (Avanza-O Porriño), Sofía Álvarez (Cambre) e Sonia Domínguez (XSM). 

Por último, Saúl López (Maceda) e o coruñés Daniel López (Cambre) competirán coa camisola da delegación autonómica na proba elite masculina que pechará o Nacional da pandemia.

Galicia acode con todo

Te puede interesar