Entidades comprometidas ca inclusión e a solidariedade
lll
17º-23º

Entidades comprometidas ca inclusión e a solidariedade

Entidades comprometidas ca inclusión e a solidariedade
apg_20200110_ALCALDESA_BORREGO_NEIRA_FIRMA_CONVENIO_DEPORTE_SOLIDARIO_004_17583017

Usuario

María Pita acolleu esta mañá o acto da sinatura dos convenios coas entidades deportivas seleccionadas na VI convocatoria de ‘Deporte Solidario e Inclusivo’, impulsada pola Fundación Emalcsa. O obxectivo do programa é fomentar o deporte base como instrumento de intervención social para a integración de colectivos en risco ou en situación de exclusión social. En total, destinaranse 250.000 euros a 26 entidades que empregan un total de 354 traballadores e mobilizan a 484 voluntarios. Estas entidades suman un total de 16.712 persoas socias e 3.406 licenzas de deporte federado das que o 35% son femininas. 

O acto contou coa presenza da alcaldesa e presidenta da Fundación Emalcsa, Inés Rey, da súa vicepresidenta, Yoya Neira, do concelleiro de Deportes Juan Ignacio Borrego, e o director do departamento de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, Antonio Cortés, así como das persoas representantes das 26 entidades deportivas seleccionadas. 

A rexedora destacou o carácter innovador desta sexta convocatoria ao impulsar o deporte como instrumento de intervención social, “estamos convencidos de que o deporte solidario e inclusivo vai constituír un vector de transformación da cidade, das entidades deportivas e da acción social”. Neste senso, Inés Rey subliñou que as e os principais destinatarias/os destas axudas son as cativas e os cativos e adolescentes. 

Nesta convocatoria priorizouse a dimensión social e inclusiva das iniciativas. Un 75% do financiamento destínase ao proxecto social e o outro 25% á actividade deportiva de base. Os proxectos e entidades beneficiarios supoñen unha ampla representación da diversidade de deportes que se practican na cidade: tenis, pádel, baloncesto, patinaxe, escalada, fútbol e fútbol sala, esgrima, piragüismo, tenis, tenis de mesa, natación, rugby, hípica, waterpolo, tríatlon, péntatlon moderno, halterofilia, tiro con arco e rugbi. 

Calidade
Inés Rey encomiou o labor desenvolto desde a fundación ao “abrir novas liñas de intervención e abordar problemas vellos desde perspectivas novas” e felicitou as entidades deportivas pola calidade dos proxectos presentados, de maneira especial “pola sensibilidade que amosastes nas vosas propostas”, que abarcan distintos ámbitos de actuación co obxectivo de favorecer a práctica deportiva para persoas en situación de risco social. 

As 26 entidades que formalizaron coa súa firma o convenio presentaron proxectos que beneficiarán a preto de 14.300 persoas. 

Unha cifra, dixo, que inclúe, 600 prazas para gozar de maneira gratuíta de diversas actividades deportivas destinadas a nenas e nenos que foron derivadas por profesionais de Servizos Sociais. 
Para o desenvolvemento dos proxectos seleccionados, as entidades deportivas contarán coa colaboración de entidades sociais especializadas na atención dos distintos colectivos beneficiarios dos proxectos da convocatoria, como son: Down Coruña, Aspronaga, Fundación Ingada, Aspace Coruña, ONG Ecos do Sur e Fundación Camiña Social, entre outras. 

Seis
Con esta son seis as convocatorias promovidas pola Fundación Emalcsa cun total de 1,5 millóns de euros de investimento total. O programa conta desde o seu inicio coa colaboración de Gadis para o seu impulso e desenvolvemento. 

O representante de Gadis, Antonio Cortés, agradeceu durante o acto o labor social desenvolto polo Concello no ámbito do deporte inclusivo e puxo en valor as máis de 1.000 colaboracións da empresa no mundo do deporte.

Entidades comprometidas ca inclusión e a solidariedade

Te puede interesar