Encontro de Lete Lasa coas agrupacións escolares
lll
17º-23º

Encontro de Lete Lasa coas agrupacións escolares

Encontro de Lete Lasa coas 
agrupacións escolares
A Xuntanza de José Manuel Lete Lasa (arriba á esquerda) coas Asociación Deportivas Escolares de Galicia fixóse de manera virtual | secretaría xeral para o deporte

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza virtual cos responsables das 31 agrupacións deportivas escolares aos que recoñeceu o traballo realizado nestas datas e destacou como unha parte “fundamental e sustancial” da Secretaría Xeral para o Deporte, sobre todo na tarefa de “facer medrar o noso deporte e a nosa actividade física en idade escolar e a sumar máis e máis nenas e nenos á práctica deportiva e de actividade física para consolidar hábitos cotiáns e saudables de vida”.

O mandatario comezou a reunión falando sobre a sinatura de convenios de colaboración para a práctica e o desenvolvemento da súa actividade no ámbito do deporte en idade escolar no marco do programa Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar) coas 31 agrupacións deportivas escolares de Galicia.

Mesmo importe

O importe total dos acordos asinados ascende a 180.000 euros, repetindo o importe destinado en 2019. En 2018 as Agrupacións Deportivas Escolares recibiron as súas axudas a (ADE) través da orde de subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

O pasar dunha orde de subvencións á sinatura de 31 convenios individuais débese a un cambio de modelo que prima a colaboración, a asistencia e a cooperación entre cada unha das agrupacións e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Con respecto á situación que vive o deporte galego, Lete lembrou o acordo do Consello da Xunta do 13 de xuño sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Neste sentido, lembrou que neste momento o deporte en Galicia debe de ser individual ou colectivo sen contacto, en grupos de ata 25 deportistas como máximo e mantendo a distancia de seguridade de 1,5 metros ou con mascarilla.

Lete presentou ás 31 agrupacións deportivas escolares a ferramenta de identificación de situacións deportivas de contaxio no deporte galego. O protocolo FISICOVID-DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia, aprobado hoxe no Diario Oficial de Galicia é un instrumento realizado tras unha diagnose exhaustiva e de forma individualizada con cada unha das preto de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia.

Nova ferramenta

O secretario xeral conminou ás ADE a usar como base esta modelo para crear unha nova ferramenta ou adaptar os protocolos a cada práctica deportiva co obxectivo de que no “vindeiro outubro” se poida “recuperar a actividade deportiva con todas as garantías de seguridade e de hixiene”.

Por último, presentouse tamén a nova aplicación do Xogade coa que traballarán as ADE, federacións e clubs e que, en palabras de Lete, será “máis intuitiva e que favorecerá unha mellor xestión tanto dos inscritos como dos sinistros para facilitar o traballo das federacións e as agrupacións deportivas escolares”.

As 31 ADE galegas son as seguintes: A Estrada, Terras do Ulla, Terra de Montes, Val Miñor, Areas Gordas, Zona Pontevedra, O Condado e Paradanta, Val do Salnés, O Pino, Baixo Miño Tui (Provincia de Pontevedra); Valdeorras, Alta Limia, As Burgas, Arenteiro, San Rosendo, O Ribeiro, Monterrei e A Limia (Ourense), A Montaña, Terra Cha, Surlugo, A Mariña, Lucus e Río Cabe (Lugo) e APA Liceo, El Castillo, As Rías, La Parra e Escolárix (A Coruña). l

Encontro de Lete Lasa coas agrupacións escolares

Te puede interesar