Dous ouros para Yaiza Velo na modalidade de técnica
lll
17º-23º

Dous ouros para Yaiza Velo na modalidade de técnica

Dous ouros para Yaiza Velo na modalidade de técnica
Deporte Campeón-2019-11-20-024-84af528f

Usuario

Celebrouse en París o Open de Francia na modalidade de técnica coa presenza da selección galega de técnica e de varios deportistas da comunidade que viaxaron cos seus clubs. O taekwondo galego volveu amosar as súas enormes cualidades neste torneo e acadou varias medallas.

Así, a selección galega logrou un total de nove metais (2 ouros, 3 pratas e 4 bronces). Yaiza Velo (Natural Sport Sada) logrou a medalla de ouro na categoría cadete. 

Ademais a parella cadete formada por Francisco Ramos (Natural Sport Riveira) e Yaiza Velo tamén acadou a primeira posición. 

Bo nivel
Yaiza segue a amosar o seu nivel na modalidade de técnica, na que xa é toda unha experta a pesares da súa xuventude. Tanto en individual como por parellas está a facer un gran traballo, polo que non é causalidade que acade estes froitos.

O cadete Daniel Areán (Neka) foi prata e na categoría junior, Tomás Fernández (Kiap) conseguiu a medalla de prata. Do mesmo xeito, Sonia Pérez (Hebe) logrou a segunda posición en máster 1. 

Os bronces foron para: Alejandro Losada (Neka) e Alejandro Losada (Tao) en sénior 1; a parella 1 formada por Alejandro Losada e Raquel Guillén (Tao) foron bronce e Esperanza Fernández (Couto) logrou o bronce en máster 2.

Ademais, hai que destacar as medallas acadadas por deportistas que viaxaban co seu club. As parellas cadete do Neka lograron magníficos resultados. Daniel Areán e Karla Novo conseguiron a medalla de prata e Laura Álvarez e Marco García foron bronce. E Vanessa Ortega (Hebe) foi prata en senior 2.

Dous ouros para Yaiza Velo na modalidade de técnica

Te puede interesar