A Deputación destina 1,3 millóns a apoiar o deporte
lll
17º-23º

A Deputación destina 1,3 millóns a apoiar o deporte

A Deputación destina 1,3 millóns a apoiar o deporte
As axudas da Deputación están destinadas tanto a clubs da provincia de A Coruña como a entidades sen ánimo de lucro que organicen eventos deportivas | aec

Usuario

A Deputación da Coruña convoca cinco programas de subvencións destinados a apoiar ás entidades e clubs deportivos da provincia. Cun orzamento de 1,3 millóns de euros, as axudas teñen como obxectivo a promoción da actividade deportiva en todos os seus ámbitos, dende o fomento do deporte base ao apoio a grandes eventos.

O seu presidente, Valentín González Formoso suliñou “o importante esforzo inversor” en materia deportiva e sostén que estas subvencións contribúen a manter a actividade e o funcionamento dos clubs en competicións de todas as disciplinas e categorías, “recoñecendo o esforzo que fan cada día milleiros de deportistas para colocar aos clubs coruñeses na vangarda galega”.

Dous dos programas están dirixidos a clubs que participen en competicións federadas de ámbito local, provincial ou autonómico (150.000 euros) ou nacional e internacional (447.000 euros). No caso dos que compiten a nivel local, provincial e autonómico as axudas oscilarán entre os 5.000 e os 75.000 euros.
A Deputación convoca tamén un programa de axudas dotado cun orzamento de 400.000 euros destinado ás entidades deportivas para mellorar as súas infraestruturas e equipamento. As achegas oscilarán entre os 1.000 e os 40.000 euros. Tamén se dota con 150.000 euros a liña de actividades deportivas de entidades que teñan como finalidade mellorar a condición física, a ocupación activa do tempo de lecer, o deporte afeccionado ou popular, a promoción social dos valores deportivos, ou a organización de actividades de formación. As axudas poden ir desde 1.000 a 30.000 euros.


Hai reservados tamén 150.000 euros para subvencións ás entidades sen ánimo de lucro na organización e desenvolvemento de grandes eventos, singulares ou de especial interese. O orzamento mínimo destes eventos para acceder ás axudas debe ser de 50.000 euros.

A Deputación destina 1,3 millóns a apoiar o deporte

Te puede interesar