A secretaria xeral, Marta Míguez, púxose en contacto coa deportista galega para mostrarlle o seu recoñecemento e transmitirlle os seus parabéns en nome de todo o deporte galego, asegurando que a súa traxectoria “é un exemplo para todos os nenos e nenas deste país”.
No ano 2017 Nadia Iglesias foi campioa da fase provincial do Trofeo Deputación e do Trofeo Xunta, campioa provincial, campioa galega, campioa de España e bronce mundial dos World Roller Games de Nanjin (China).