'Coruña en Forma' para disfrutar da cidade no verán
lll
17º-23º

'Coruña en Forma' para disfrutar da cidade no verán

'Coruña en Forma' para disfrutar da cidade no verán
Non faltarán actividades como rutas en patíns, andainas ou canicross, tentando atender os gustos máis diversos e usuarios de todas as idades (Alborés)

Usuario

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a segunda edición do programa 'Coruña en Forma', unha proposta posta en marcha polo Goberno local o pasado verán e que ten como obxectivo favorecer e fomentar, entre a cidadanía de todas as idades, a práctica deportiva como hábito de vida saudable.

O programa, que se desenvolverá entre xullo e setembro, "dá continuidade á actividade que se realiza desde as Escolas Deportivas Municipais ou Xogos Escolares durante todo o curso en espazos deportivos non convencionais, "o que enlaza coa idea do Goberno local de poñer en valor o espazo urbano para mellorar tamén a calidade de vida da veciñanza e de conquista por parte da veciñanza do espazo público, neste caso, para o desenvolvemento da práctica deportiva", sinalou o edil.

"Estamos a falar dun proxecto de saúde, de contribución cidadá, gratuíta, sen límite de idade e sen inscricións, o que cobre, desde o ano pasado, aqueles veráns baleiros de actividade deportiva de carácter non competitivo aberta á veciñanza", destacou Sande.

ESPAZOS PÚBLICOS
'Coruña en Forma' está encamiñada a fomentar durante os meses de verán, desde o 3 de xullo e até o 29 de setembro, a práctica do exercicio físico a través dun circuíto de 10 espazos públicos abertos repartidos por toda a cidade, como son o miradoiro do Matadoiro, a praia de Riazor e de Oza, os parques de Santa Margarida, Oza, Europa e San Diego, a praza Elíptica, Luis Díaz González e a Sagrada Familia.

"O proxecto incide na perspectiva deste executivo de ter en conta as distintas realidades e diversidades nos barrios da cidade, así como na descentralización da propia actividade", explicou o responsable municipal. O programa que promove a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento estrutúrase en tres bloques, o primeiro dos cales inclúe as actividades dirixidas con monitoras e monitores, que se celebrarán de luns a venres (en diferentes horarios de mañá e tarde) en Riazor, Oza, a zona do Matadoiro e o Parque Europa, e que inclúen tai chi, aerobic, ximnasia aeróbica e pilates.

O circuíto chegará tamén aos parques biosaudables de Santa Margarita, Oza, San Diego, a Sagrada Familia, praza Elíptica e Luís Díaz González, que terán dinamización de luns a venres (agás os mércores) en horario de 10.00 a 11.00 horas. Por último, o programa terá continuidade durante a fin de semana a través doutras actividades, como rutas en patíns, andainas ou canicross (nomeada 'Divírtete co teu can'), cuxo horario e programación poderán consultarse na web municipal www.coruna. gal/deportes.

O concelleiro lembrou na presentación que este programa municipal desenvólvese coa colaboración de Horno Sanbrandán.

'Coruña en Forma' para disfrutar da cidade no verán

Te puede interesar