Viernes 19.10.2018

A Coruña acollerá este mes a Copa de Europa e o Miguelito

Preto de 400 judokas competirán esta fin de semana no torneo continental.

 

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou onte as dúas competicións que A Coruña acollerá nos vindeiros días | aec
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou onte as dúas competicións que A Coruña acollerá nos vindeiros días | aec
A Coruña acollerá este mes a Copa de Europa e o Miguelito

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou as dúas competicións deportivas de judo que A Coruña acollerá nos vindeiros días, a Copa de Europa junior e o Trofeo Miguelito, “nun mes de intensa actividade judoka”, apuntou o edil, tras a celebración, a fin de semana pasada, do torneo do colexio Liceo La Paz. 
“Esta serie de competicións dan conta da eclosión e continuidade afortunada que ten a práctica do judo na nosa cidade, un deporte que se atopa nun progresivo crecemento e que conta cunha importante vertente formativa ”, explicou Sande, que estivo acompañado polo presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, así como do vicepresidente da entidade e máximo responsable do comité organizador do torneo coruñés, Eduardo Galán.

Vintecinco estados
Esta fin de semana, o Coliseum acollerá a Copa de Europa -XX GP Internacional Teresa Herrera, que reunirá a 385 deportistas procedentes de 25 estados diferentes: Alemaña, Andorra, Arxentina, Bélxica, Croacia, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Israel, Italia, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Mozambique, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Rusia, Taxikistán e Xeorxia. Galicia contará con 42 deportistas, dos deles coruñeses. 
Muzas dixo que trátase dunha edición “exitosa” polo alto número de países e deportistas presentes, e que supón un novo récord de participación nesta Copa”, que forma parte co circuíto mundial IJF Ranking. 
Na primeira xornada, que se desenvolverá de xeito ininterrompido entre as 10.00 e as 17.00 horas, terán lugar os combates das catro categorías de menor peso, mentres que o doming, de 10.00 a 14.30 horas, farán o propio as catro de maior peso.
A fin de semana seguinte, o domingo 27, o Coliseum acollerá o XXX Trofeo Miguelito, unha competición especial que, como salientou Sande, “acredita a vertente formativa do judo”, e na que participarán máis de 3.300 nenas e nenos. 
Co gallo desta celebración, o Concello ven de editar un conto, en formato cómic, en colaboración coa Federación Galega de Judo dirixido a fomentar a práctica deste deporte entre os máis novos da cidade. Ademais, estrearase unha canción, ‘Miguelito’ , composta especialmente por Klaus Martínez Veiga para celebrar o trixésimo aniversario do torneo.

A Coruña acollerá este mes a Copa de Europa e o Miguelito