A Copa do Mundo chega á provincia da Coruña
lll
17º-23º

A Copa do Mundo chega á provincia da Coruña

A Copa do Mundo chega á provincia da Coruña
O itinerario previsto partirá o domingo de As Pontes (Redacción)

Usuario

A Deputación da Coruña acolleu a presentación do Raid Gallaecia 2017, unha competición incluida na Copa do Mundo de carreiras de aventura que se desenvolverá a semana que ven en catorce concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Durante seis xornadas, máis dun centenar de deportistas de 18 nacionalidades diferentes, repartidos en 34 equipos, participarán nesta proba, a cuarta das oito que compoñen as series mundiais do Raid de Aventura, que xa pasou por Nueva Zelanda, Paraguai e Ecuador e que recalará na provincia da Coruña para continuar despois en Francia, a segunda parada europea do mundial.

O evento foi presentado polo deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, os deputados provinciais e alcaldes de Ortigueira e Pontedeume, Juan Penabad e Bernardo Fernández, o delegado de Deportes da Xunta na Coruña, Roberto García, o director de markéting de Gadis, Antonio Cortés, o presidente da Federación Galega de Orientación, Tito Arufe, e o director da carreira, Pablo López Franco, que destacou o alto nivel dos equipos e a dureza dunha proba na que os participantes terán que percorrer máis de 500 quilómetros durante seis xornadas en etapas de trekking, de ciclismo de montaña, de kayak e barranquismo, nunha competición en formato nonstop (sen descansos) que pon a proba, ademáis da forma física, a súa capacidade de resitencia e orientación.

O itinerario previsto partirá de As Pontes este domingo e percorrerá os concellos de A Capela, As Somozas, Ortigueira, Mañón, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Cabanas e Ares.

Está previsto que os primeiros equipos cheguen á meta arredor do mediodía do xoves 11 tras percorrer centos de quilómetros que atravesarán enclaves de referencia da comarca como as Fragas do Eume, Estaca de Bares, a costa Ártabra ou a ría de Ares. Dous días despois, o sábado 13, terá lugar o peche de meta e a entrega de premios aos gañadores da proba.

"Queremos felicitar á organización pola zona elixida para celebrar esta proba mundial, pois entendemos que contribuirá a dar a coñecer en todo o mundo a inmensa riqueza natural e paisaxística dos concellos da zona norte da provincia", afirmou José García Liñares.

A Copa do Mundo chega á provincia da Coruña

Te puede interesar