O mércores conclúe o prazo de inscrición na Carreira do domingo nos Rosales
lll
17º-23º

O mércores conclúe o prazo de inscrición na Carreira do domingo nos Rosales

O mércores conclúe o prazo de inscrición na Carreira do domingo nos Rosales
O Circuíto Coruña Corre e unha das probas que máis aceptación teñen entre os participantes durante todo o ano( Patricia García Fraga)

Usuario

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén aberto o prazo para participar na VI Carreira Popular dos Rosales, que se celebrará o domingo. A proba, que terá situada a meta e a saída na rúa Manuel Azaña, conta cun circuíto, no caso da categoría absoluta, de 6.465 metros. As e os participantes percorrerán un trazado arredor do barrio, pasando pola ronda de Outeiro, avenida Fernando Suárez, O Portiño, a estrada dos Fortes e a rúa Alfonso Rodríguez Castelao, na que encararán os últimos metros antes de regresar a Manuel Azaña.

Todas as persoas que desexen participar nesta carreira poderán formalizar a súa inscrición até ás 23.59 horas do mércores tanto a través da web www.coruna.gal/carreiraspopulares como de forma presencial na oficina de Viaxes El Corte Inglés en avenida de Rubine, nº 3-5, de 9.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Para as persoas que non estean inscritas no Circuíto de Coruña Corre, a súa cota de inscrición será de dous euros (agás para as e os menores de idade, que é gratuíta) mentres que, para desempregados, maiores de 65 anos ou usuarios do Carné Xove, será a metade. Os dorsais poderán recollerse no polideportivo do barrio o sábado de 11.00 a 20.30 horas, así como o domingo até unha hora antes do inicio de cada carreira, que comezarán ás 10.30 horas.

Ademais, no recinto municipal estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.15 horas.

Por outra banda, o goberno local lembra que se mantén aberto tamén o prazo de inscrición para participar no Circuíto de Carreiras Populares (ao que pertence a proba dos Rosales), e que se poderá formalizar até a terceira proba da tempada, que terá lugar o 14 de xaneiro en Matogrande.

O mércores conclúe o prazo de inscrición na Carreira do domingo nos Rosales

Te puede interesar