O Concello coruñés volve apostar polo sostible
lll
17º-23º

O Concello coruñés volve apostar polo sostible

O Concello coruñés volve apostar polo sostible
O executivo municipal quere seguir a concienciar tanto aos participantes como aos cidadáns que acodan a ver a proba, da importancia de coidar o medioambiente | pedro puig

Usuario

A VII Maratón Atlántica Coruña42, que se celebrará o domingo, incidirá na súa aposta polo coidado do medio ambiente. A proba forma do Plan de Eventos Sostibles do goberno local, que ten como obxectivo mellorar a xestión dos eventos festivos con grande concrentración de persoas e recursos para diminuír o seu impacto ambiental.

Así, o executivo municipal introduce, un ano máis, o criterio da sustentabilidade á hora de deseñar a Coruña42 e a proba popular 10K, carreiras nas que participarán máis de 2.240 persoas.
O dispositivo inclúe medidas vinculadas á prevención e sensibilización ambiental tanto dos participantes como da cidadanía que se achegue ao circuíto, así como da redución das emisións provocadas pola celebración do evento, entre outras propostas. O traballo realizado o ano pasado entre as áreas de Deporte e de Medio Ambiente permitiu recoller un total de 760 quilos de residuos inorgánicos, 280 de materia orgánica e 180 de cartón.


De cara a esta edició, subministraranse 84 contedores, dos cales 27 serán para residuos orgánicos, 49 para materia inerte e 8 de cartón. Cada colector estará perfectamente identificado para facilitar que os participantes poidan separar correctamente os residuos á hora de depositalos durante a celebración da carreira.


Ademais, os contedores, que se colocarán adaptados coa tapa aberta para facilitar o depósito do lixo, distribuiranse entre os diferentes puntos de avituallamento –situados cada cinco quilómetros, aproximadamente– e a súa contorna, así como na praza de María Pita, na que estará situada a meta.


Neste mesmo espazo proxectarase unha peza audiovisual na que se lembrará á cidadanía a importancia de separar, axeitadamente, os residuos.

O Concello coruñés volve apostar polo sostible

Te puede interesar