martes 16.07.2019
Vela

O Concello asina a súa participación para 2020

A Coruña volverá a ser porto de escala da Tall Ships Races (TSR), a regata de grandes veleiros, durante o verán de 2020. Así se formalizou esta mesma onte, a través da sinatura do contrato entre o Concello e a entidade organizadora dun evento que partirá de Cádiz. Lisboa e Dunquerque serán os outros portos. 

A directora comercial da Sail Training International, Vanesa Mori, e o alcade de A Coruña asinaron o acordo  | aec
A directora comercial da Sail Training International, Vanesa Mori, e o alcade de A Coruña asinaron o acordo | aec

O acordo, que firmou  o alcalde, Xulio Ferreiro, estipula o compromiso do Concello de aboar en tres anualidades un canon de 186.189 euros co que se asegura o dereito a participar na regata (54.361 euros en 2018 e 2019 e 77.465 en 2020).
Así, entre os días 24 e 27 de xullo de 2020, a cidade acollerá a regata de grandes veleiros. O alcalde recordou que a última vez que a TSR pasou pola cidade, en 2016, o goberno local implantou un sistema de control de accesos dixitais co que se contabilizou que máis de 132.000 persoas acudiron aos eventos vinculados á regata durante tres días, entre o 11 e o 13 de agosto. 
De forma paralela á celebración do evento náutico, o Concello tamén participará en distintas actividades que manteñen a vinculación temporal coa TSR e os deportes marítimos. Así, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento convocará, como mínimo, 75 prazas para que mozos de entre 15 e 25 anos poidan coñecer de primeira man a vida nos grandes veleiros a través da súa participación. 
José Etcheverría, Presidente da Asociación Juan de Lángara –entidade colaborada na organización e que tamén participará cunha goleta–, convidou á mocidade a a participa, e lembrou que para asistir ao mesmo “non é necesaria experiencia previa no mar, pero si ter coñecementos de lingua inglesa para poder convivir co resto da tripulación”.

Comentarios