O Concello anuncia o calendario da 2018/19
lll
17º-23º

O Concello anuncia o calendario da 2018/19

O Concello anuncia o calendario da 2018/19
Novo Mesoiro dará, o 25 de novembro, o pistoletazo de saída | aec

Usuario

O goberno local ampliará o número de probas da tempada 2018/19, ante a aprobación pola RFEA dunha proposta para adaptar o inicio e finalización das tempadas deportivas de xeito que coincidan co ano natural. 

A oitava edición comezará o 25 de novembro en Novo Mesoiro, e continuará o 16 de decembro nos Rosales. Xa en 2019, o 13 de xaneiro terá lugar a Carreira Popular Matogrande; en marzo, o sábado será 23 a Carreira Popular Torre de Hércules –única proba que se disputa en horario nocturno–; e o 2 de xuño a Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma.  

Á volta do verán, o 9 de setembro, será o turno da Volta a Oza, á que seguirá, o 20 de outubro, a do Ventorrillo, e continuará o 3 e o 24 de novembro en Novo Mesoiro e Os Rosales, respectivamente. Nos vindeiros días o Concello abrirá a inscrición do VIII Coruña Corre. Como é habitual, o seu regulamento e toda a información vinculada a este programa municipal poderase consultar en www.coruna.gal/carreiraspopulares .

Ademáis, xa están fixadas as datas das tres grandes carreiras populares: o 17 de febreiro terá lugar o Medio Maratón Coruña21; o 14 de abril, a Maratón Atlántica Coruña42; e 6 de outubro, a Coruña10.

Por outra banda, a San Silvestre, que organizan o Club Rialto e o Concello, xa ten aberto o seu prazo de inscrición, que pódese facer en www.sansilvestrecoruna.com ou en www.championchipnorte.com. 

A proba que pechará o ano 2019, de uns sete quilómetro, disputarase, a partires das 17.00 horas do 31 de decembro, con saida no Obelisco e meta en María Pita.

O Concello anuncia o calendario da 2018/19

Te puede interesar