O Concello abre o prazo de inscrición para a Carreira dos Rosales
lll
17º-23º

O Concello abre o prazo de inscrición para a Carreira dos Rosales

O Concello abre o prazo de inscrición para a Carreira dos Rosales
05 diciembre 2016 Atletismo Los Rosales acogió su carrera popular, segunda prueba puntuable para el Coruña Corre

Usuario

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento ven deabrir o prazo de inscrición da VII Carreira Popular Os Rosales, a segunda proba do Circuíto Coruña Corre da tempada 2018/2019. 

A cita deportiva terá lugar o domingo 16 de decembro, e o período para formalizar a inscrición a través do web www.coruna.gal/carreiraspopulares pecharase o día 12, ás 23.50 horas.

A carreira dos Rosales, na súa categoría absoluta, comezará ás 10.30 horas desde a rúa Manuel Azaña, na que tamén estará situada a meta. Ao longo de 6.465 metros, as e os atletas populares percorrerán un trazado arredor do barrio, achegándose a ronda de Outeiro, avenida Fernando Suárez, O Portiño e a estrada dos Fortes. Unha vez neste punto, e tras aproximarse á rúa Alfonso Rodríguez Castelao, o grupo accederá de novo a Manuel Azaña. O peche de control terá lugar ás 11.30 horas e, unha vez realizado este, comezarán as probas das diversas categorías inferiores.

Como é habitual en todas as probas do Coruña Corre, as e os participantes disporán de servizo de gardarroupa, duchas e avituallamento.

Todas as persoas que desexen participar na proba dos Rosales deberán facer a súa inscrición a través da páxina web www.coruna.gal/carreiraspopulares. Para as persoas que non formen parte do Circuíto Coruña Corre, a cota de inscrición será de dos euros (gratuíto para os menores de idade), e de un euro para desempregados, maiores de 65 anos ou usuarios do Carné Xove.

O Concello abre o prazo de inscrición para a Carreira dos Rosales

Te puede interesar