Case 3.000 persoas estarán na carreira nocturna da Torre
lll
17º-23º

Case 3.000 persoas estarán na carreira nocturna da Torre

Case 3.000 persoas estarán na carreira nocturna da Torre
A competición absoluta comezará mañá ás 21.15 horas | quintana

Usuario

A contorna da Torre de Hércules e o barrio de Durmideiras acollerán mañá a celebración da IX Carreira Popular Torre de Hércules #QuerémonosVivas-Trofeo José Varela Calviño, que inclúe, por vez primeira, unha marcha non competitiva aberta a todos os públicos e que se enmarca na programación municipal do ‘8M Mulleres que transforman realidades’.

En total, agárdase que sexan máis de 2.800 persoas as que participen nesta xornada atlética.

A cuarta proba do circuíto municipal Coruña Corre incorpora, esta edición, o carácter solidario, xa que todos os beneficios que se recaden a través de doazóns das e dos participantes tanto da carreira absoluta coma da andaina de catro quilómetros destinaranse, integramente, á investigación contra o cancro e as consecuencias desta doenza na vida das mulleres, a través dunha colaboración da Fundación Emalcsa coa Unidade de Mama do CHUAC e da Fundación Profesor Novoa Santos.


A xornada empezará contra as 17.15 horas, coas probas de categorías de base.

A carreira absoluta partirá, como é habitual, en horario nocturno. Comezará ás 21.15 horas e o grupo partirá do Paseo dos Menhires, xunto á estatua de Breogán, para achegarse, a través do Paseo Marítimo, á rotonda das Ánimas. Xunto ao Castelo de Santo Antón darán a volta para volver por Pelamios e encarar os últimos metros da carreira subindo a rampla que leva á Torre de Hércules, punto no que se situará, un ano máis, a meta. Unha vez finalice a saída da categoría absoluta, comezará a andaina solidaria, na que todas e todos os participantes portarán o dorsal 261, o mesmo número que levou Kathrine Switzer (imaxe da carreira municipa) na Maratón de Boston de 1967.

Case 3.000 persoas estarán na carreira nocturna da Torre

Te puede interesar