Carretero (Cambre), campión en Master - 30
lll
17º-23º

Carretero (Cambre), campión en Master - 30

Carretero (Cambre), campión en Master - 30
A localidade ourensá de Maceda acolleu a derradeira proba | fgc

Usuario

A terceira edición da Copa Galicia de Ciclocross celebrou a súa decimoterceira e derradeira xornada na localidade ourensá de Maceda, onde o sub-23 Iván Feijoo e a élite Isabel Castro coroáronse gañadores absolutos.

Un total de 250 corredores participaron no X Ciclocross Castelo de Maceda. Os representantes do clube locatario conseguiron tres vitorias. Feijoo fixo valer a súa condición de líder para asinar o seu décimo triunfo do curso, con 1:23 de vantaxe sobre o tamén sub-23 Samuel González (Salvaterra).

Outro éxito do conxunto de Maceda protagonizouno o junior Carlos Canal nunha sensacional carreira na que superou a Adrián Barros (Coruxo) e ao gañador da clasificación xeral Jorge Suárez (Cidade de Lugo), segundo e terceiro respectivamente en Maceda.

A carreira absoluta feminina dominouna con solvencia Castro (Condado Bike). Os 150 puntos acadados con este triunfo servíronlle para rematar primeira adiantando á sub-23 Irene Trabazo (Marín), que non participou nesta xornada ao atoparse competindo en Bélxica. A segunda praza entre as mulleres correspondeulle á vencedora junior Andrea García (Cambre).

Os outros gañadores finais son Noela Saa e Miguel Rodríguez en cadetes; Andrea García e Jorge Suárez en juniors, Irene Trabazo en sub-23, Isabel Castro e Darío Otero en élite, Montserrat Martínez en Master, Luciano Carretero (Cambre) en Master-30, Manuel Armada en Master-40 e Javier de la Fuente en Master-50/60.

Carretero (Cambre), campión en Master - 30

Te puede interesar