A carreira contará con alomenos tres lebres
lll
17º-23º

A carreira contará con alomenos tres lebres

A carreira contará con alomenos tres lebres
Deporte Campeón-2019-03-28-024-c05baa1b

Usuario

O domingo 14 de abril celebrarase o VIII Maratón Atlántico Coruña42. O concelleiro José Manuel Sande presentou o circuíto e imaxe da proba, que coincide co desenvolvemento do Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, e que forma parte do calendario oficial da Federación Española. 


A inscrición estará aberta até as 23.59 horas do 31 de marzo a través de www.coruna.gal/carreiraspopulares e de www.carreirasgalegas.com. 


A C42 contará cun circuíto de tres voltas (14 quilómetros cada unha). Tal como apuntou a directora técnica da Federación Galega de Atletismo (FGA), Madó González, as características do percorrido, “cun terreo practicamente chan”, favorecerá “a consecución de boas marcas”. 


Xa está confirmada a presenza de Ruto Hosea Kiprotic (2h 12), Cheronges Dominic Pkemoi (2h 13) e Kirop Helena Loshanyand (2h 23), así como dalgunhas dos máis destacados de Galicia. A carreira contará con tres lebres que marcarán os ritmos para acadar as 3h 15, 3h 30 e 3h 45. “É posible que se inclúan novas lebres nos vindeiros días”, apuntou Madó González.  Como é habitual, Coruña42 incluirá unha proba de carácter popular de 10.000 metros.   


“A celebración, un ano máis desta C42, pon de relevo que A Coruña é unha cidade eminentemente deportiva, atlética e chea de actividade. As probas atléticas na cidade atópanse nun estado de desenvolvemento moi avanzado, suliñou José Manuel Sande, concelleiro de Deportes, Coñecemento e Culturas.


Pola sua banda, Isidoro Hornillos, presidente da FGA, incidiu que A Coruña “é a unha das poucas cidades do Estado, e a única de Galicia, que conta con tres carreiras (C10, C21 e C42) no calendario da RFEA e cuxas marcas se poden acreditar como oficiais”. 

A carreira contará con alomenos tres lebres

Te puede interesar