O Campo da Feira, o mellor na proba coa que comezou a temporada
lll
17º-23º

O Campo da Feira, o mellor na proba coa que comezou a temporada

O Campo da Feira, o mellor na proba coa que comezou a temporada
O equipo gañador, o Campo da Feira. Aparecen, de esquerda á dereita: Enrique, Xulio, Aurelia, Eladio, Collazo, Juan Carlos, Marc, Eduardo, Abel, Félix, Carlos e Óscar Ponte | aec

Usuario

Celebrouse en Eirís, organizado polo equipo Filloas de Sangue, a primeira xornada da Conferencia Noroeste da Liga de billarda. Houbo corenta participantes, e dous representantes do Gharabotos de Marín, liderados polo veterán Alfonso Camiña.

O día comezou con choiva nas roldas de clasificación. Pero despois mellorou a climatoloxía e todos puideron disfrutar da xornada.

Proclamouse campión Xosé Collazo, do Campo da Feira de Paiosaco, seguido polo seu compañeiro Óscar Ponte (‘Tato’). Pechou o podio Lito Pena, do Malpica Billarda, clube que tamén aportou á campioa infantil, Mariña Pena.

A vindeira proba está prevista para o oito de outubro, en Carballo. Nela, os equipos tentarán batir ó Campo da Feira, que dominou a proba de Eirís e tamén a derradeira entrega da pasada campaña, celebrada en Ponteceso. De tódolos xeitos, o equipo de Paiosaco está moi forte e non quere ceder os primeiros postos.

O Campo da Feira, o mellor na proba coa que comezou a temporada

Te puede interesar