Bo papel do SAL da Laracha no Autonómico en Caldas de Reis
lll
17º-23º

Bo papel do SAL da Laracha no Autonómico en Caldas de Reis

Bo papel do SAL da Laracha no Autonómico en Caldas de Reis
sal laracha_17500541

Usuario

Caldas de Reis acolleu o Campionato Galego Alevín, Infantil e Cadete de Salvamento e Socorrismo, no que participou o club SAL da Laracha. 

Gisela Becerra Peón (alevín) foi medalla de plata na proba 50 metros de rescate de manequín estanco con aletas.

Juan Martín Rodríguez Lafuente (infantil) acabou bronce en 100 rescate de manequín pequeno con aletas e en 100 socorrista.

Nerea Mallo Martínez (cadete) colgouse o bronce na proba 200 natación con obstáculos e tamén na mesma distancia  supersocorrista.

Álvaro Hidalgo Peón (cadete) gañou os 50 remolque de manequín.

En canto ás remudas, as alevíns Gisela Becerra, Ángela Méndez, Valeria Mosquera e Sofía Mata foron bronce en 4x50 natación con aletas.

Pola súa banda, Anxo López, Álvaro Hidalgo, Pablo Nicolás Rodríguez e Eloy Ferreiro conseguiron o bronce tanto en 4x25  remolque de manequín  coma en 4x50 combinado de salvamento.

Por equipos, o club larachés acadou tres bronces máis: en alevín femenino, en cadete masculino e finalmente na xeral de cadete.

A vindeira cita para estes deportistas será o Campionato de España Infantil y Cadete, en Valladolid.

Bo papel do SAL da Laracha no Autonómico en Caldas de Reis

Te puede interesar