Aberto o prazo para optar a equipamentos
lll
17º-23º

Aberto o prazo para optar a equipamentos

Aberto o prazo para optar a equipamentos
JAVI (( AGN )) SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE PONTEVEDRA 13,30 h.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentará a sección de piragüismo do Centr

Usuario

A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á resolución da Secretaría Xeral para o Deporte para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2020. 

Como novidades da convocatoria compre salientar que o orzamento total é duns 700.000 euros, o que representa un incremento do 16% con respecto ao orzamento inicial destinado en 2019 e que a relación de equipamentos deportivos subvencionables non será limitativa, podéndose ampliar a lista de material inventariable sempre que quede xustificada a súa utilización para a práctica deportiva desenvolta. 

Ademais, os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas poderán recibir o pagamento do 100% da subvención concedida de xeito anticipado.

As entidades beneficiarias deben estar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia á data da publicación da convocatoria anual de subvencións e ter actualizados os seus estatutos ás disposicións vixentes en materia deportiva. Compre salientar que terán prioridade no acceso á subvención as solicitantes que non resultasen beneficiarias durante 2019.

O financiamento será do 80% do gasto subvencionable establecéndose como importe mínimo unha contía de 1.000 euros e máximo de 20.000 por sociedade anónima deportiva e 30.000 por federación. Precisamente, para as federacións deportivas resérvase o 30% do orzamento total da convocatoria.

A adquisición do equipamento deportivo dependerá da puntuación acadada segundo a aplicación dos criterios establecidos. Entre eles cabe destacar o apoio á igualdade de xénero que será valorado en función da porcentaxe de mulleres con licenza federativa.

Aberto o prazo para optar a equipamentos

Te puede interesar