Lunes 18.06.2018

ATLETISMO - CORUÑA CORRE

Aberto o prazo de inscrición dun circuíto imprescindible

A Carreira Popular de Novo Mesoiro, a celebrar o domingo da vindeira semana, será a primeira cita do curso 2017/2018

Os Rosales, Matogrande, Torre de Hércules, San Pedro de Visma, Oza e Ventorrillo completan o calendario  | Patricia G. Fraga
Os Rosales, Matogrande, Torre de Hércules, San Pedro de Visma, Oza e Ventorrillo completan o calendario | Patricia G. Fraga
Aberto o prazo de inscrición dun circuíto imprescindible

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de inscrición para participar no VI Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre. A serie de citas deportivas arrincará o próximo domingo, 5 de novembro, no barrio de Novo Mesoiro.

Entre as principais novidades desta edición está o cambio da nomenclatura das distintas categorías, adaptándose así aos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA. E tamén a incorporación ao circuíto de nenas e nenos que teñan cumpridos os 4 anos á hora na data do inicio da primeira proba, e que formarán parte da categoría específica prebenxamíns.

Tras pasar por Novo Mesoiro, a serie continuará o 3 de decembro nos Rosales. Xa no 2018, a primeira proba terá lugar o 14 de xaneiro en Matogrande e, no mes de marzo, o sábado día 31, celebrarase a nocturna da Torre de Hércules.

O circuíto volverá en xullo, coa XI Baixada Popular Cross San Pedro de Visma, o día 1, e pechará a sexta edición coas probas de Oza, o 9 de setembro, e do Ventorrillo, que terá lugar o 23 do mesmo mes.

A inscrición no circuíto pode realizarse desde esta semana e até a data de peche das solicitudes da terceira proba, a de Matogrande (que terá lugar o 14 de xaneiro), a través da páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares.

 

Os prezos
Este ano o Concello manterá os prezos das últimas edicións, sendo 10 euros para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para menores de idade e 7 para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove. Este colectivo tamén obterá descontos na cota de inscrición para cada unha das distintas carreiras, que será un euro. O prezo para as e os demais corredores que non estean inscritos no circuíto será  de dous euros (agás as e os menores de idade, cuxa inscrición é gratuíta tanto no circuíto como nas probas).

Para participar nas carreiras e obter un dorsal será necesario apuntarse en cada unha das probas, polo que a inscrición na VII Carreira Popular Novo Mesoiro, que xa está aberta, deberá realizarse antes das 23.59 horas do día 1 de novembro a través de www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Presencialmente, o espazo para inscribirse será a Oficina de Viaxes de El Corte Inglés da avenida de Rubine, en horario de 09.30 a 14.00 horas, e de 16.30 a 20.00 horas.

Os dorsais estarán dispoñibles para as e os participantes o sábado 4, de 11.00 a 20.30 horas, no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro, así como o domingo 5 ata media hora antes do inicio de cada carreira. A proba absoluta comezará ás 10.30 horas, e terá a súa meta e saída na rúa Ancares.

Será un percorrido de 5.535 metros aproximadamente, na que se sucederán dúas voltas ao longo do barrio.

Aberto o prazo de inscrición dun circuíto imprescindible