Aberto o prazo para inscribirse no circuíto
lll
17º-23º

Aberto o prazo para inscribirse no circuíto

Aberto o prazo para inscribirse no circuíto
Haberá sete modalidades para maiores de 18 anos (sub-20, sub-23, senior e catro de veteranos) e seis de menores de idade (sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e prebenxamín) | patricia g. fraga

Usuario

O programa municipal que propón a celebración probas deportivas de entre 5 e 7 quilómetros de percorrido que se desenvolven, ao longo do ano, en distintos barrios da cidade. 
A principal novidade nesta edición, que seguirá a incidir na vertente saudable do deporte así como na descentralización da súa programación, será a ampliación da tempada, que se estenderá até final de 2019 para adaptarse ao ano natural, seguindo as indicacións da Federación Española. 

A gala, en decembro
Como consecuencia desta medida, o Concello aumentará tamén o número de probas, pechando así a VII edición coa gala final no mes de decembro.
A partires de hoxe e a través do web www.coruna.gal/carreiraspopulares , ábrese o período para formalizar a participación no circuíto, ao que poden asistir atletas populares así como federadas e federados. A inscrición permitirá formar parte das clasificacións da serie de carreiras, así como poder optar aos seus premios. Nesta edición estableceranse as categorías definidas polos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA e, de cara a promocionar a práctica deportiva entre as máis novas e novos, manterase a categoría pre-benxamín, da que poderán formar parte as nenas e nenos que conten con 4 anos de idade no momento da celebración da primeira carreira do circuíto, o domingo 25 en Novo Mesoiro. 
Así, haberá sete modalidades para maiores de 18 anos (sub-20, sub-23, senior e catro de veteranos) e seis de menores de idade (sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e prebenxamín). Para as e os menores de idade a participación será gratuíta, mentres que para as e os maiores de idade a cota de inscrición para o circuíto será de 10 euros. 
As persoas maiores de 65 anos, desempregadas ou posuidoras do Carné Xove gozarán de bonificación e aboarán 7 euros. No caso daquelas persoas que prefiran inscribirse individualmente ás carreiras, a cota en cada unha delas será de 2 euros (ou de 1€ no caso do colectivo con bonificación).
O período de inscrición no Circuíto manterase aberto, como novidade, até o peche do prazo para apuntarse na cuarta das probas, a IX Carreira Popular Torre de Hércules, que nesta ocasión terá lugar o 23 de marzo. 
Como é habitual, será necesario confirmar a participación en cada carreira.

Aberto o prazo para inscribirse no circuíto

Te puede interesar