Os alevíns das EDM de Brión, campións da fase comarcal
lll
17º-23º

Os alevíns das EDM de Brión, campións da fase comarcal

Os alevíns das EDM de Brión, campións da fase comarcal
deporte campeón-2018-03-21-019-448dea70

Usuario

O equipo alevín das Escolas Deportivas Municipais de Brión de fútbol sala proclamouse esta fin de semana campión da Liga de Deporte Escolar, cuxa fase final comarcal se xogou onte domingo no pavillón de Fontenla (Santa Comba).
Un triunfo que lles valerá ser os representantes da comarca compostelá na Fase Intercomarcal da presente edición deste campionato, que se disputará o vindeiro mes de maio nas canchas de xogo.


Os rapaces que dirixe José Manuel Trigo Romero, técnico de Deportes do Concello de Brión, derrotaron na gran final á ED Os Miúdos (Muros) por un marcador de tres goles a un. Nas semifinais, ambos equipos venceron aos xogadores do Negreira B e do Negreira A, respectivamente.

Os xogadores do Brión recolleron o seu trofeo como campións do torneo de mans da alcaldesa de Santa Comba, María Josefa Pose Rodríguez na ceremonia de entrega de premios os mellores conxuntos deste campionato.

Os alevíns das EDM de Brión, campións da fase comarcal

Te puede interesar