Fernando Vázquez: “Vivimos algo traumático”
lll
17º-23º

Fernando Vázquez: “Vivimos algo traumático”

Fernando Vázquez: “Vivimos algo traumático”

Usuario

Fernando Vázquez dalle aínda voltas, ao igual co resto do deportivismo, o que aconteceu na última xornada co encontro do Deportivo e o último mes de aldraxe. Unhas circunstancias compricadas, semellantes a un trauma para o equipo.

“Creo que o que pasou e está a pasar aínda, creo que para todo o deportivismo, e para mín tamén persoalmente, porque non deixo de sentir e pensar... foi unha experiencia traumática. Entón as experiencias traumáticas son negativas. Pero tamén digo que depende de nós como queiramos saír desta situación”, argumentou o técnico.

Novo renacer

No primeiro adestramento do equipo Vázquez dirixíase os medios indicando que era o momento dun “novo renacer”, algo que sinte realmente. “Empezaba a admitir a situación e facendo pouco referencia ao mito do Ave Fénix, que se queimaba cada certos anos e volvía más rápido, sabio e forte. Neste sentido é o que temos que facer”, remarcou.

Para él, contan agora mesmo cos “elementos de construcción que son fundamentais e importantes. Conservamos a dignidade, a honra, a unidade... Dende este punto de vista estamos nunha situación extraordinaria para volver a renacer”, aclarou.

Unión cos siareiros

Para Vázquez é chave que os siareiros e medios de comunicación estean co clube e máis unidos ca nunca. “Sería distinto se nestes momentos club, afición e medios estiveran desunidos, pero unha forma importante de sufrir unha experiencia así é ter os mimbres axeitados para volver a subir, voar, coas ás abertas e a cabeza alta”, dixo.

Argumentou asimesmo que non entendía o razoamento que cuestionaba que o Deportivo se defendese nos xulgados. “Hai algo que realmente me doe. Xente que escribe, que fala, se ascendes ou descendes debese gañar no terreo de xogo. Eso é o que nos din algúns para xustificar que temos que estar en Segunda B. Eu digo eso tamén. Os resultados póñente no teu sitio, pero ao Deportivo non lle deixaron competir en igualdade. Aqueles que din que temos que estar en Segunda B... Ese argumento é o que utilizo eu para dicir que deberíamos seguir en Segunda” indicou.

“Eu non perdín as esperanzas aínda. Todo o mundo da que teño que aceptar que estamos en Segunda B. E todo o mundo está que xa está, ocurriu, non hai explicacións pero haino que aceptar. Eu non o acepto, teño a miña esperanza, porque non podo aceptar estar en Segunda B sin ser xulgados. Nós mantemos que houbo vulneración e eu espero a que se pronuncien. Onde está a xustiza deportiva? Eu non a vexo”, admitiu.

Tamén mostrouse moi crítico co papel xogado no caso polas distintas institucións: “A decisión de seguir adiante e que non pasase nada foi política. No último momento había un empate, entre Federación e Liga, está claro que a decisión é de Irene Lozano, presidenta do CSD, a que aínda non a escoitei falar, nin explicarse públicamente. Ela é unha persoa elixida por un partido democrático para un cargo”.

E suliñou que para él houbera parcialidade na decisión de Arístegui, director xeral do CSD. “O CSD mandando unha carta que a persona que nos ía a representar non tiña conflicto de intereses, porque o seu fillo traballaba para Tebas ¿Quen vai a entender se o pai vai tomar unha decisión sobre o Depor, sabendo que a Liga vai en contra do Depor e o fillo traballa para Tebas? ¿Como que non hai conflicto de intereses? ¿Somos parvos? l

Fernando Vázquez: “Vivimos algo traumático”

Te puede interesar