Vázquez: “Espero un Deportivo máis fluído”
lll
17º-23º

Vázquez: “Espero un Deportivo máis fluído”

Vázquez: “Espero un Deportivo máis fluído”
Na volta á súa orixe non pensa que “vaia a sentir nada en especial máis que a responsabilidade de gañar” | patricia g. fraga

Usuario

O adestrador do Deportivo, Fernando Vázquez, regresa a San Lázaro, pero a  emotividade do partido será reducida pola ausencia de afeccionados.

É o escenario no que debutou como local no fútbol profesional, onde se medirá a un Compostela ao que dirixiu dúas tempadas e media, aínda que o actual é un equipo  refundado. Nel transformouse nun técnico “a tempo completo” xa que, até entón, era profesor e adestrador. 

1. Os seus inicios no fútbol profesional
“Era adestrador de Segunda  B, tiña as miñas ilusións e era consciente de que sen xogar no fútbol profesional ía ter difícil para chegar ao máximo nivel. Cando me chama o Compostela, saín correndo dando berros de alegría. Foi unha elección do  Compos, dos seus dirixentes, que tiveron a valentía de coller a un rapaz de Segunda  B e poñelo en Primeira”, lembrou. 

Considerou que alí pasou “anos incribles, impresionantes”, que viviu desde a “inxenuidade”, nun “mundo de  Yupi” no que nin sequera tiña representante. 

Santiago transformouno en adestrador profesional e garda “un agarimo especial” a San Lázaro e á afección do Compostela. Para él é un “partido especial”, aínda que descafeinado porque non haberá público e pasaron “moitos anos”, así que, en principio, non cre que “vaia a sentir nada en especial máis que a responsabilidade de gañar o partido”. 

2. Potencial ainda por ver esta tempada
Será o segundo partido da tempada en Segunda  B, categoría á que o Deportivo volveu corenta anos despois e na que se estreou con vitoria (2-1) no desconto ante o Salamanca. “O equipo está a facerse e considero que está nunha porcentaxe non moi alta de potencial agora mesmo. Espero que vexamos a un Deportivo máis fluído e máis solto”, desexou. 

Considerou que ante o Salamanca o equipo fixo “un primeiro tempo técnicamente malo, individual e colectivamente”. “Non fixemos aquelo que tiñamos falado facer en canto a posicionamento xeral, pero melloramos no segundo tempo”, indicou antes de lamentar que “se quedamos nunha cousa, hai que facela ainda que saia mal”.

3. O Compostela e o sistema de xogo
Do Compostela dixo que o ve “súper organizado con Yago Iglesias como técnico”  e por eso espera “un partido complicado”. 

Sabe, eso si que ten o Deportivo “a obriga de gañar sempre”, ainda que eso sexa case imposible. “A xente ten que estar preparada, porque na traxectoria exitosa que puideramos ter, vai haber derrotas. Esperemos que non sexa nas eliminatorias”, comentou.

De San Lázaro dixo que “é un campo de Primeira”, así que non lle condiciona. “Outra cousa é xogar en artificial con Unionistas (a vindeira xornada). Aí teremos que superar esa proba”, precisou ao recordar a “experiencia” no amigable co Bergantiños, que “non foi agradable nin positiva”. 
Sobre o sistema de xogo, advertiu de que non ten “decidido” si utilizará o de dous puntas ou partirá como ante o Salamanca. 

“Temos que estar preparados e saber atacar a un equipo replegado e defendendo atrás”, sinalou sobre o que pode atoparse, por regra xeral, en Segunda B, categoría na que defendeu o nivel dos adestradores.

Do seu equipo, explicou que se quere “xogar por fóra” ten xogadores para facelo “e tamén por dentro”.

“Hai conceptos que faltan por desenvolver en temas ofensivos. Espero mellorar e darlle armas ao Depor para gañar partidos”, matizou.
En San Lázaro prevé atopar un rival ao que “lle gusta ter a pelota”, así que debe ser “súper organizado e forte defensivamente para recuperar”. 

De Yago Iglesias, o míster do Compos, dixo que o ve “como un adestrador con capacidade para aprender, cunha boa formación” e destacou o “mérito” que ten ao levar ao Compostela a Segunda B.

Vázquez: “Espero un Deportivo máis fluído”

Te puede interesar