Un Riazor con fachenda
lll
17º-23º

Un Riazor con fachenda

Un Riazor con fachenda
Nas inmediacións do estadio hai todavía valados e obxectos de obra que serán retirados | patricia g. fraga

Usuario

Unhas actuacións, levadas a cabo por Arias Infraestructuras, que se atopan na súa recta final e cuxo resultado é satisfactorio para Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana no Concello de A Coruña, se ben matizou que aínda non están rematadas. 

“A obra non rematou, este sábado non vai haber obra dentro do propio estadio, pero seguimos traballando fóra. Hai que colocar algo de pracas nas fachadas. Teremos obras algúns días máis, medios auxiliares, coma valados, que hai que retirar... Aínda non vai quedar o estadio para inaugurar”, indicou Varela.

Buscando data
E é que a idea da corporación municipal e do Deportivo, según desvelou, é facer un acto para mostrar a veciñanza o resultado das obras: “Estamos valorándoo no grupo municipal. Presentar o equipamento a cidadanía, que é a que o paga e o disfruta, pero tamen queremos arranxalo co Deportivo e co seu propio almanaque”.

“Estamos satisfeitos, o cambio no estadio é radical, a imaxe é distinta.

Vaise percibir na súa magnitude a estética nova do estadio cando as obras estén rematadas. As cubertas estaban en mal estado, resolvéronse problemas estructurais e temos unha imaxe nova e impactante”, declarou o edil herculino.

Sen prazos pechados
Pese a que non quixo dar prazos de finalización total das obras, e si estas estarán rematadas para o 14 de novembro (Teresa Herrera contra o Athletic de Bilbao), sí que indicou que o Concello aproveitará para facer obras de mellora na contorna do estadio. “Imos a aproveitar estas obras para facer intervencións de mellora preto de Riazor. Pequenas actuacións nas beirrarúas. Por exemplo, Manuel Murguía, que é moi estreita, imos ampliala ata os dous metros para cumprir coa accesibilidade” describeu.

Por todo isto, ata o remate das mesmas, haberá un tramo de estrada cortado para as obras de urbanización, así coma para a retirada de elementos como as grúas. As obras retrasáronse mais do previsto, unha circunstancia que obrigou a reubicacións nos partidos do Sporting,

Granada, Málaga e Elche. Pese a co Deportivo tivo que mudar o seu almanaque de encontros e xogar os tres primeiros fóra, Xiao asegurou que a sintonía co clube é boa.

“A relacion co Deportivo está sendo positiva. Entendo co Deportivo é consciente do esforzo do Concello nesta obra, moi xustificada. Son sabedores do esforzo, orzamentario e de execución, e non houbo ningún tipo de conflicto”, comentou. 

Remarcou cunha obra “deste calibre” fíxose en “catro-cinco meses” e, pese a todo, “non supuxo que se suspendera ningún partido” ligueiro.

Pendentes da fachada
A marxe dos traballos no interior nas cubertas, que dependen do Concello, están as obras de mellora na fachada do estadio, algo que según o convenio asinado polo goberno herculino e o Deportivo, corresponde ó clube, como lembra Varela: “A responsabilidade do Concello é a cuberta e, dacordo co clube, eles sufragan a obra da fachada. Penso que deixáronno parado polo descenso, pero seguimos confiando en que o Deportivo rematara o obra. Foi o pactado no convenio e a súa responsabilidade é a fachada”.

Solución provisional
Nas caras exteriores de Riazor estánse a colocar, de xeito provisional, unhas pracas do mesmo material ca cuberta. “Teñen unha coherencia coa cuberta. É un material traslucido, susceptible de ser modificado (por parte do Deportivo)”, aunque agardan que haxa “homoxeneidade”.

Mentras tanto, nestes días o Concello traballa en “cubrir os fondos, por onde entra o vento e a agua” e como xeito de “protexer a estructura do aire e do salitre”.

Apuntou o “mal estado” das cubertas e as estructuras, o ser preguntado polos retrasos: “A prioridade era a seguridade dos usuarios, o estrano é que se chegou a este punto sen intervir antes”.

Un Riazor con fachenda

Te puede interesar