Mónica Villar: “Levamos tantos anos sufrindo que xa estamos afeitos”
lll
17º-23º

Mónica Villar: “Levamos tantos anos sufrindo que xa estamos afeitos”

Mónica Villar: “Levamos tantos anos sufrindo que xa estamos afeitos”
Mónica Villar, la primera por la izquierda, junto a dos peñistas en el estadio de Santo Domingo | aec

Usuario

Desde a súa residencia londinense a seareira deportivista Mónica Villar, presidenta da peña ‘RCD London’, narra as súas sensacións durante un confinamento que en Inglaterra comezou máis tarde que en territorio español.

Aínda que sempre vital e optimista, non agocha o seu sentimento de preocupación polo estado dos seus amigos e familiares, tanto no Reino Unido como en Galicia, mentres que conta as horas para que a normalidade retorne ao noso entorno. E con ela, o fútbol e o Depor.

 

Como estás a levar o confinamento?

Como todo o mundo, vas facendo cousas na casa tentando que pasen os días, coidando da miña nai e a avoa, que viven conmigo. Aproveito para facer recados cando se precisan. No eido laboral estiven teletraballando un par de días pero desde a ONG na que traballo cesaron a actividade.

 

Estás en contacto con familiares e amigos?

Sí, unha parte da familia está aquí en Londres, aínda que tamén teño un irmán en Escocia e en Malpica tamén. Por fortuna todos estamos ben.

 

E co resto dos peñistas de ‘RCD London’?

Pois tamén, estamos todos nas mesmas; algúns marcharon de volta para España porque aquí estaban sen traballo e non podían permitirse os alugueres... outros continuamos en Londres, pasando o tempo como podemos. Co Pokémon, vendo partidos do Depor, falando no chat... Non nos falta o sentido do humor.

 

Cres que tardaron as medidas adoptadas por Boris Johnson?

Si, as medidas oficiais chegaron hai so unha semana. Mais a xente aquí non esperou. Moitas persoas autoconcienzáronse e saíron menos ás rúas. Por exemplo había sitio no metro en hora punta desde as últimas semanas, cando normalmente resulta imposible atopar.

 

Pensas que vai durar moito a corentena?

Na miña opinión vai para longo, eu personalmente teño billetes de avión para ir ata Galicia en xullo e comezo a ser pesimista.

 

Que pode pasar coa Liga española?

Sinceiramente desexo que se poida finalizar a tempada pero non sei. Aquí son ‘supporter’ do Deportivo Galicia, un equipo amateur que naceu formado por emigrantes galegos, e xa nos pararon de modo definitivo a liga. Penso que sería inxusto que a Segunda en España non se puidese acabar. E falo como ‘fan’ do Depor, que non nos viría mal que se anulase todo.

Como estás a ver ao Depor nun curso de altibaixos?

Oxalá soubese explicar que lle pode estar pasando ao equipo este ano, iría á Praza de Pontevedra a informar á directiva... O certo é que levamos tantos anos sufrindo que xa estamos afeitos a sufrir. Despois de ter feito unha reacción extraordinaria so nos falta o último empurrón e estou convencida de que o vamos acadar.

 

Estiveches en Alcorcón esta campaña...

Si, tiña pensado tamén ir ver o Málaga-Depor en maio pero non vai ser posible por motivos obvios. En Alcorcón vivimos unha grande festa co triunfo acadado no tempo de desconto, houbo moito ambiente nas bancadas.

 

Alí sorprendéronte cun baile que se fixo moi mediático...

Si, no descanso comecei a mover o corpo. Non se lle pode chamar baile a iso (bromea). Algúns peñistas se meteron moito conmigo. A peña ‘Miau-Miau’ publicou un tuit co momento e sacárono nalgunha televisión...

 

Que plans tedes na ‘RCD London’ nos vindeiros meses?

Temos proxectado, como cada ano, un torneo de futbolín entre nós, a asamblea anual de fin de campaña e a cea de despedida de curso. Tamén estamos con actividades ‘on-line’.

Mónica Villar: “Levamos tantos anos sufrindo que xa estamos afeitos”

Te puede interesar