Fernando Vázquez:“É importante a humildade, non nos van regalar nada”
lll
17º-23º

Fernando Vázquez:“É importante a humildade, non nos van regalar nada”

Fernando Vázquez:“É importante a humildade, non nos van regalar nada”
29 agosto 2020 Entrenamiento del Deportivo en Abegondo

Usuario

Fernando Vázquez apelou a ter os pés no chan e a non pensar co Deportivo, se o final compite en Segunda B, vai ter unha tempada sinxela.

“Agora dinnos que temos que xogar en Segunda B. Aceptemos eso. Temos que pensar que imos xogar nunha categoría que todos poderían pensar que seríamos o Madrid ou o Barcelona da competición. Temos mimbres para volver a renacer, pero antes faltoume a palabra humildad, que me parece importantísima. Na Segunda B nadie vai regalar nada”, indicou.

desexo
“Agardamos co equipo esté en disposición devoltar a Segunda División

“Adoita pasar o seguinte: cando non coñeces categoría, non coñeces xogadores, tes tendencia a menospreciar, minusvalorar”, admitiu. Por ese motivo, apelou a responsabilidade de todos para ser conscientes da nova realidade.

“Por moi Depor que sexamos, temos que ter humildade. En Segunda B hai bos xogadores, grandes adestradores e bos clubes. Non é chegar e gañar sen baixar do autobús. Vai ser moi dificil, moi dificil. É unha gran responsabilidade para entrenador, xogadores, director deportivo....”, insistiu. E avisou de que vanse gañar e perder encontros. “É importante ter a humildade de saber que vamos perder e empatar partidos, son parte da competición. Teñamos humildade suficiente para autoanalizarnos e a partir de aí competir con igualdade. Esperemos que o noso equipo esté en disposición de volver a Segunda”,desexou o de Castrofeito.

Pretempada

O Deportivo xa iniciou esta pretempada con unha importante carga de adestramentos en Abegondo, con traballo de forza combinado con exercicios técnico-tácticos. Un primeiro paso dentro dunha planificación con, en principio, a vista posta no 18 de outubro, data fixada para o inicio do curso en Segunda B. Un plans dos que Vázquez tamén falou.

“Íamos a xogar hoxe (por onte) un partido contra o Fabril, xa podíamos facelo tranquilament,e pero decidimos non xogalo por cuestións de seguridade sanitaria. Decidimos deixalo para a semana que ven. A partir de ahí, as pretemporadas gústame xogar cada tres días, pero será imposible para todos. A ver como amañamos. Non chegamos aínda ao detalle de qué encontros imos xogar. estamos metidos noutro problema, que é a confección da plantilla”, indicou. l

Fernando Vázquez:“É importante a humildade, non nos van regalar nada”

Te puede interesar