Fernando Vázquez: "O Deportivo defende unha idea e cree nela"
lll
17º-23º

Fernando Vázquez: "O Deportivo defende unha idea e cree nela"

Fernando Vázquez: "O Deportivo defende unha idea e cree nela"
Fernando Vázquez, con sus botas ‘retro’, pisa el balón durante la sesión preparatoria de ayer | p. puig

Usuario

Fernando Vázquez admitiu na comparecencia previa o encontro ante o Zaragoza de mañá que o Deportivo ten interiorizada unha maneira de xogar, aínda que matizou que esta pode mudar según as circunstancias.

"O Deportivo está xogando de unha maneira, pero non é a maneira de Fernando Vázquez, defendemos unha idea e o equipo cree nela. Pero, está claro que noutros momentos terá que adaptarse a outras (ideas). Xogas o que o adestrador quere, é un halago para o adestrador e para o equipo, que se deixa adestrar", aclarou.

Para él "o Deportivo ten certos principios" os que se se aferra e que "lle están dando resultado". Sobre o rival, segundo na clasificación, considera que logrará o ascenso. "E un equipo histórico da Primera División, dende que descendeu o Depor está en Segunda,  ten unhas ganas tremendas volver a Primeira e creo que lle toca este ano", puntualizou.

Asimesmo, recoñeceu a tristeza do equipo pola baixa de Michele Somma e que buscan recambio, ou un central ou un centrocampista: "Sentimos unha dor impresionante por Michele, un chaval cuns valores impresionantes para o equipo e o vestuario síntese afectado polo seu problema. Unha mágoa, unha lástima, pero temos que mirar para diante e estamos buscando algo (un xogador) da mesma función ou incluso de posición de mediocampo, para poder incorporalo".

Fernando Vázquez: "O Deportivo defende unha idea e cree nela"

Te puede interesar