Fernando Vázquez: “Na fase de finalización temos que mellorar”
lll
17º-23º

Fernando Vázquez: “Na fase de finalización temos que mellorar”

Fernando Vázquez: “Na fase  de finalización temos que mellorar”
O míster, durante un adestramento esta semana na Cidade Deportiva de Abegondo | quintana

Usuario

Fernando Vázquez non agocha co Deportivo, a pesares dos bos números nestas primeiras seis xornadas, sobre todo no que se refire os puntos, ten un problema a hora de encarar a portería rival e aclarou que están traballando niso.

1. A importancia dos últimos metros
“Teño un defecto grave, sempre son excesivamente exigente co meu equipo, as veces dou a sensación de que o equipo non fai cousas positivas e logo vexo os partidos e o equipo fai cousas ben feitas. Pero non me parece suficiente, porque xogar o futbol ten o obxectivo de chegar a marcar as ocasións de gol, conseguir un cento con ocasións. Fáltanos esa capacidad de profundización e finalización, iso é evidente. Se o equipo chegase con fluidez a área non tería nada que dicir,  pero neste apartado de finalización estamos escasos, non na fase de construcción. Na última fase temos que mellorar” apuntou.

2. O compricado equilibrio 
A procura da excelencia non é sinxela e neso está tanto Vázquez coma o equipo, pero sabendo que tomar riscos no ataque pode conlevar deixar algo máis desprotexida a liña defensiva. Quere co equipo sexa “equilibrado”.

“A excelencia é co teu equipo controle perfectamente, eu sempre construín equipos que tiñan certa seguridade, se non a tes non controlas o partido e é un pouco lotería. A teoría da manta é así, asumir un rico controlado e crear ocasiones de gol, e un obxectivo difícil, a máxima excelencia do fútbol, pero quédanos moito por recorrer no aspecto ofensivo”, lembrou.

3. A voltas co debuxo do equipo
Vázquez non comprende o porqué da polémica de empregar un esquema de cinco, que tanta ledicia lle deu o Depor no pasado, e suliña que non existe un debuxo perfecto, e que os dous sistemas permiten non renunciar á pelota.

“É unha crítica absurda, de pouco coñecemento futbolístico. Non son un superfan do sistema de tres centrais, pero según as circunstancias síntome na liberdade de empregalo, para que ofesivamente o equipo teña solución máis doadas. Entenderíaa (a crítica) nun equipo no que a cultura de xogar con tres centrais fora un pouco rara, pero nun club como o Deportivo, que ademáis o fixo grande, non entendo por qué xera polémica”, argumentou.

“Os dous sistemas (con catro ou cinco atrás) non teñen puntos negativos a horade ter a pelota. O sistema en rondo favorece a posición de posesión de balón. Se xogas con liña de catro xa estas posicionado sen facer movementos extra para ter a pelota, pero non ter nada que ver coa finalización. Xogar con tres (centrais) atrás non significa ser máis defensivo, os teus laterais teñen unha función diferente”, dixo.

Asimesmo, apuntou que “o equipo xogando con cinco atrás e os medios de corte defensivo e dous con mais liberdade, houbo momentos nos que combinou o balón cunha velocidade que non tivemos no primeiro tempo”, relatou.

4. Todos os choques importantes
A pesar da entidade do rival, do que dixo que “non se complica en exceso a nivel táctico, fanno cunha sinxeleza tremenda e facendo dano”, cree que a estar alturas non hai encontros que sexan máis importantes que outros.

“Todos os partidos teñen a misma trascendencia, hai que facer puntos. A diferencia no grupo é importante, pero tamén co outro subgrupo”, dixo.

5. Dando pasos cara adiante 
Vázquez declarou en pasadas comparecencias que o Deportivo estaba no camiño de construir o equipo que quere ser e o seren preguntando qué chanzo ocupaba o partido co Pontevedra foi claro: “Construir un equipo as veces e dar pasos adiante, pasos atrás... Tivemos unha semana máis para convertirnos nun equipo que gañe partidos e sexa atractivo para o espectador”.

Fernando Vázquez: “Na fase de finalización temos que mellorar”

Te puede interesar