Considera que Tebas “mente a sabendas” sobre o Fuenlagate
lll
17º-23º

Considera que Tebas “mente a sabendas” sobre o Fuenlagate

Considera que Tebas “mente a sabendas” sobre o Fuenlagate
O presidente de LaLiga atacou ás institucións galegas | ep

Usuario

O adestrador do Deportivo, Fernando Vázquez, criticou as acusacións do presidente de LaLiga, Javier Tebas, ás institucións galegas, especialmente á Xunta de Galicia, polo seu informe sobre o desprazamento do Fuenlabrada a Galicia con positivos de covid-19 no plantel para disputar o partido co club coruñés en xullo. 

“Paréceme eticamente  deshonesto e  tramposo. Mente a sabendas, pero el é así, que lle imos facer. Non me parece moi complicado entender o que pasou. El está  obcecado e vende a súa película. Non hai contraposición porque o Deportivo quere superar esta situación”, comentou o preparador de Castrofeito. 

Nun foro de Marca, o dirixente de  LaLiga indicou que “houbo unha paixón esaxerada en Galicia e en Coruña, buscando xerar presión mesmo desde as autoridades”. 

“Quíxose converter un tema sanitario ben controlado, porque non houbo ningún contaxio, aínda que se nos acusou de que iamos contaxiar a toda a cidade. A nosa burbulla, o protocolo, controlouno. E iso non se conta. Pero o que é máis grave é o que está a pasar despois. O caso Fuenlabrada vaise converter no ‘caso Xunta’, ou o caso ‘Instrutor da consellería de Sanidade galega’”, dixo Tebas. 

Vázquez afirmou que, “con estas manifestacións”, Tebas “demostra que mente descaradamente” e dixo que “quen queira mercar esas explicacións, que o faga”. Ademais, indicou que espera que a xustiza ordinaria “poña a cada un no seu sitio e o relato sexa tal e como foi”.  “Se a xustiza é independente como nos queren facer ver, creo que Tebas tiña que declarar hai moito tempo”, sostivo o técnico.

O único que declarou
O capitán do Deportivo, Álex Bergantiños, o único que prestou declaración ante a Policía sobre as incidencias no partido entre o seu equipo e o Fuenlabrada a temporada pasada, espera que o presidente de  LaLiga, Javier Tebas, tamén acuda a “declarar” pola viaxe do conxunto madrileño á Coruña con positivos de covid-19.

“Espero que ao final teña que pasar a declarar tamén para explicar o que fixeron, como o fixeron, se tentaron ou non saír da cidade porque hai moitas cousas no aire”, indicou hai uns días.

Bergantiños foi preguntado polas últimas declaracións de Tebas. “É a súa estratexia, que pareza unha cousa dos galegos, os coruñeses, pero eu estou tranquilo. O club e a cidade actuaron en todo momento con responsabilidade e estou orgulloso”, sinalou o xogador do Deportivo, quen chegou a asegurar que o presidente da patronal “elixe moi ben onde vai falar”.

Bergantiños tivo que declarar en agosto ante a Policía Nacional por unha denuncia de  LaLiga por referirse ao partido aprazado co Fuenlabrada como un “paripé”, xa que o Deportivo chegou a el descendido despois de non poder xogalo en horario unificado co resto da última xornada.

Considera que Tebas “mente a sabendas” sobre o Fuenlagate

Te puede interesar